billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

GALA DA BILLARDA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2016-2017

       A GALA DA BILLARDA 2017 celebrouse este ano en Beluso, na Casa do Pobo. Na Gala entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados de Conferencia nas diferentes categorías. A actuación dun grupo de Cantareiros e Cantareiras de Bueu puxo nos oídos do auditorio unhas melodías mariñeiras que agradeceron os xogadores e as xogadoras, pois viñan de disputar unha xornada moi esixente, xa que se xuntou o terreo de xogo de caucho e o sol insistente para facer da superficie unha lareira.  











  CATEGORÍA EQUIPOS

1-CORREDOIRAS 
2-GHARABOTO    
3-LÚA DE FORZA












  CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA

1-XAN    
2-RICAR
3-CHE     








  CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA

1-BEGO       
2-LU            
3-ADRIANA




  CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL

1-JUANMA  
2-GENO       
3-ADRIANA






XORNADA 16 BELUSO

PARTICIPACIÓN


91TOTAL
59homes
32mulleres


AKI-Rinoceronte
MARTIÑO-Corredoiras


        De novo a participación infantil foi extraordinaria. 14 xogadores entre nenas e nenos competiron no campo de herba artificial das Laxes, en Cabalo, Beluso. De cara ao Play Off do vindeiro domingo en Compostela, a Conferencia Rías Baixas presenta a varios xogadores e xogadoras na categoría máis nova que son claros favoritos para traer o título de novo para as Rías Baixas. 











GENO - Corredoiras

JUANMA - Lúa de Forza

ADRIANA - Valpaços Terra Quente



         A xornada tivo no podio a dous habituais como Bego e Xan. Xan certificou a seu Título de Conferencia coa vitoria na xornada de Bueu. A sorpresa foi a de Peque, que por vez primeira subiu ao podio ocupando a terceira praza. A progresión deste palanador fixo que estea como primeiro suplente para ir ao Play Off. Isto significa que se hai algunha baixa inesperada entraría entre os elixidos para desafiar aos astros e loitar pola Coroza.  




       Na categoría feminina foi Adriana a que máis puntos obtivo, seguida da súa compañeira de equipo Zaira, e de Lu. Ademais, Zaira cos puntos conseguidos na xornada de Beluso conseguíu praza para participar no PLAY OFF 2017. Xa se vía que esta palanadora de Vigo tiña un potencial enorme. A súa progresión foi rapidisima. Na súa primeira temporada, e aínda faltando a algunhas xornadas de principio de temporada, xa alcanzou a 7ª posición final na Categoría Feminina. Outro logro asombroso foi o de Adriana, quen cos 19 puntos conseguidos na xornada alcanzou o posto 23 da Clasificación Xeral Absoluta, o cal lle permite participar tamén no PLAY OFF 2017 da Categoría Absoluta, e loitar pola Coroza. Extraordinario!




       Geno ganou a xornada na Categoría Infantil cunha puntuación histórica para un xogador desta categoría, 28 puntos. Segundo foi Juanma e terceiro Oscar. Estes tres palanadores, xunto con Adriana, son as opcións más serias de Título LNB Infantil que presentará a Conferencia Rías Baixas.





ESCOLLIDOS PARA A GLORIA

   CATEGORÍA EQUIPOS


    



   Estes serán os tres equipos que representarán á Conferencia Rías Baixas no PLAY OFF LNB 2017 do vindeiro domingo 28 de maio en Compostela. Corredoiras, de Bueu dominou a competición desde a primeira xornada ata a última. Nunha competición regular onde suman 4 xogadores/as non ten rival. Agora veremos se mantén as mesmas prestacións no Play Off, onde suman 6 xogadores/as. Gharaboto, de Marín ten un potencial enorme nunha competición na que sumen xogadores/as como vai ser a Final de Compostela. Que ninguén desprece a forza dunha barba ben aseada! Lúa de Forza, de Sanxenxo, xa bastante fixo con conseguir o podio da Conferencia, pois ten un cadro de xogadores/as moi pequeno. Ao sumar 4 en cada xornada mantivo o tipo durante a liga, mais para que lle sumen 6 xogadores/as... vémolo case imposible. De todos os xeitos levaran a cor verda á terra do Castiñeiriño, metáfora dun cespede artificial que o campo do Atl Fátima gorenta.






  CATEGORÍA ABSOLUTA














       Na categoría absoluta a nosa Conferencia vai recuperar a Coroza que o ano pasado vestiu Chousa. Por que dicimos isto con tanta seguridade, pois ademais de polos argumentos técnico-tácticos, por unha cuestión de periodicidade estatística. Desde o ano 2008 o título tivo este comportamento:
2008-NOL
2009-SUR

2010-NOL
2011-SUR
2012-SUR

2013-NOL
2014-RÍAS
2015-RÍAS

2016-NOL
2017-RÍAS


       Cremos que non hai equivocación posible nas cousas da cosmoloxía estatística. O norte nunca conseguiu dous títulos seguidos. Queda todo dito...



  CATEGORÍA FEMININA












       Na Categoría Feminina o nivel é tan elevado que non se nos pasa pola cabeza que o Título non veña para as Rías Baixas. Cremos que só hai dúas palanadoras que poden amezar a consecución deste Título como son Geni e Paula. Entón, todo vai depender de se o terreo de xogo está enchoupado ou non, porque en terreo seco non hai ninguén, entre as mulleres, que golpee a billarda tan forte como Bego. Lu, Elena e Adriana van ter as súas posibilidades, igual que Merche. Sería unha sorpresa que o nome da campioa non estivese entre os destas 7 mulleres.

15ª xor Análise CATEGORÍA INFANTIL

   



       A Categoría Infantil foi dominada de principio a fin por Juanma de Lúa de Forza. Este xogador está a un nivel tan alto que está dentro do TOP DEZ da Categoría Absoluta, e iso que faltou a 3 xornadas. Actual Campión Nacional da Categoría, parte este ano como candidato número 1 para revalidar o Título. Outros competidores de gran nivel son Adriana, Geno, Oscar e Martiño. Despois veñen os máis cativos e cativas que empezaron este ano e que deberán evolucionar no seu xogo. 

JUANMA LÚA 218
ADRIANA VAL 156
GENO COR 130
OSCAR ARM 99
MARTIÑO COR 48

    De entre estes grandes cinco palanadores e palanadora, case con todo seguridade sairá o novo Campión LNB 2017 da categoría. Mais, debemos ter presentes aos representantes das outras Conferencias, que teñen menos traxectoria na LNB, pero que están progresando adecuadamente. Vemos algúns deles nas fotos de abaixo.

 






15ª XOR ANÁLISE CATEGORÍA FEMININA




     Xa se percibe no ambiente que a liga chega ao seu final, pois as decisións arbitrais empezan a discutirse con vehemencia. Varias xogadas de dubidosa interpretación necesitaron da reunión do comité de arbitraxe en medio da competición. Unha billarda que foi detida polo cordel que marcaba a liña de entrada no varal, un golpe efectuado por detrás do varal, un par de billardas golpearon nunha das varas do varal rompendo a mesma, tres billardas que estaban a unha distancia moi semellante da entrada do varal, despois do último golpe, e houbo que usar o cordel laser para saber cales levaban os puntos por proximidade. En definitiva, como cada golpe pode ser decisivo e cada metro avanzado determinante, a LNB Rías Baixas está implantando as últimas tecnoloxías para resolver calquera conflicto. Deste xeito, ademais de estar domesticando, amansando e desbravando o material humano que arbitrará no Play Off, está implantando o vídeo arbitraxe na zona do varal.
     

Ninguén se fía e os centímetros poden ser decisivos, polo tanto, na última xornada de liga, o Concello de Bueu está valorando probar o vídeo arbitraxe como alternativa definitiva.




      Teñen asegurada a participación no Play Off Nacional na Categoría Feminina 6 palanadoras que son 6 serias aspirantes ao Título Nacional. Destacar como clara dominadora da Conferencia a Bego, que empezou rendindo a un nivel alto, pero encontrouse cunha Lu moi acertada e durante 6 xornadas a de Beluso estivo no máis alto, ata que na sétima xornada Bego alcanzou o primeiro posto e con tres resultados estratosféricos de más de 20 puntos xa se distanciou definitivamente. Tanto Lu, Adriana, Elena, Tania e Belmira teñen potencial suficiente como para partir entre o grupo de candidatas ao Título Nacional.
BEGO COR 230
LU COR 177
ADRIANA INF VAL 156
ELENA GHA 131
TANIA VAL 107
BELMIRA VAL 105





       Despois vén un grupo de sete palanadoras separadas por tan só 4 puntos que deberán esforzarse ata a última carreira da última xornada. Marga, paseniño vai asegurando o billete para a cidade do Apóstolo. Mónica e Lita deron un salto clasificatorio moi importante despois desta 15 xornada. A xogadora de Gharaboto estivo lesionada durante 3 xornadas o que fixo que a vantaxe que tiña fora minguando ata estar fóra das prazas clasificatorias para as finais. Non obstante, coa puntuación conseguida na xornada dá un paso case decisivo de cara a volver a Compostela outro ano máis. A palanadora do Grove, Lita, estaba case sen opcións e ao sumar 9 puntos volve a ter esperanza. De todos os xeitos ninguna delas nin Chefa, nin Casilda, nin Marisa, nin Vanessa está segura de ter conseguida a clasificación para o Play Off, xa que por detrás vén coma un raio Zaira.

MARGA GHA 73
MÓNICA GHA 72
CHEFA COR 70
LITA LAX 70
CASILDA GHA 70
MARISA LÚA 70
VANESSA GHA 69










       A xogadora en idade xuvenil de Valpaços, Zaira, empezou a xogar na LNB esta temporada e faltou a catro xornadas. Pois aínda así, realizou unha progresión extraordinaria e ten a 5 puntos de distancia entrar nas prazas que dan dereito a ir a Compostela ás finais nacionais. A xogadora de Vigo, rinde igual en interior que en exterior e esta cualidade fai dela unha rival de moita entidade. Veremos ata onde é capaz de chegar na última xornada de Bueu. Inés xa ten máis complicado a clasificación. A de Gharaboto está a 8 puntos. Así mesmo, Cheli vaino ter inalcanzable. Mais e todo, deberán intentar conseguir a mellor posición, xa que pode haber algunha baixa de última hora entre as clasificadas.
  
ZAIRA VAL 64
INÉS GHA 61
CHELI GHA 58