billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
CRÓNICA DA 7ª XORNADA
CATEGORÍA FEMININA
A xornada na categoría feminina estivo dominada, por vez primeira, por Mónica de Gharaboto que chegou ás semifinais dos cruces eliminatorios, ou sexa a un paso da final a tres. En segunda posición quedou Lu, que tamén alcanzou as semifinais. Bego foi terceira. Curiosamente, Bego foi quen máis puntos conseguiu na xornada (26 ptos), o que lle permitiu superar a Lu na clasificación xeral. Agora a de Bueu encabeza a categoría feminina con 5 puntos máis que a bicampioa nacional. Gran actuación a de Mónica (19 ptos) quen nas xornadas anteriores nunca chegara aos 10 puntos. A do Vinquiño adaptouse perfectamente ás condicións de temperatura e humidade do recinto de festas de Castrelo e brillou sobre o terruño cambadés. A outra palanadora que superou os 10 puntos foi Adriana de Valpaços Terra Quente, que se afianza na terceira posición do podio da categoría.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Na categoría absoluta, Salva de Corredoiras fíxose coa xornada por diante de Cho de Armadiña e Xan de Lúa de Forza. Seis palanadores conseguiron 20 puntos ou máis. Xan mantense firme na primeira posición e Ricar, Salva e Che parecen os únicos que lle manteñen o ritmo, aínda que a máis de 30 puntos de distancia. A vitoria na xornada de Salva axudoulle a situarse no terceira posición do podio da Conferencia superando a Che. Entran de novo no TOP DEZ, Bego, Luís e Lu e saen del Luís Rino, Luís Gon e Suso. Salientar a formidable actuación de Cho, que conseguíu a segunda posición da xornada. A pesar de ser un novato xa subiu ao poido. Ten un enorme potencial agora veremos se é quen de refrendalo coas seguintes puntuacións. Outras puntuacións destacadas foron a de Beni de Gharaboto (18 puntos) e a de Albino Caneda de Lúa de Forza (19 puntos), dous xogadores da parte media da clasificación, pero que tiveron un rendemento sobresaínte.
CRÓNICA 7ª XORNADA
| Como se dunha pantalla de proxección se tratase, o Rinoceronte, Cris, préstase a proxectar a súa billarda na tea cinematográfica |
| A noite rodeou e asediou o recinto de Festas de Castrelo, mais non conseguiu conquistar o espírito d@s participantes. |
Mellor
marca de participación desta temporada con 90
participantes. Cifra superada unicamente unha vez ao longo da
historia da Conferencia
Rías Baixas.
Na temporada 2013-2014, na primeira xornada celebrada no Grove, houbo
103
participantes. Lembremos que a marca absoluta de participación nunha
xornada LNB está en 108
competidor@s desde a temporada
2009-2010, 3 de outubro 2009 no Porriño, 2ª xornada Conferencia
Sur.
A
mellor marca de toda a LNB
nunha década de historia estableceuse na categoría infantil con 18
participantes nunha xornada de Liga. Foron 18 nen@s
de 14 anos ou menos quen xogaron en Castrelo. A incorporación do
equipo de Combarro, Armadiña,
está conseguindo anovar a LNB. Este Equipo xa ten 9 xogador@s
menores de 12 anos no seu cadro de 21, ou sexa, máis da metade do
equipo. Isto está provocando un efecto marabilloso no resto dos
equipos. Este efecto chamado “se
el@s teñen nós tamén”,
está provocando a fichaxe de xogadores e xogadoras en idade temperá
polos outros equipos das Rías Baixas. 7 dos 9 equipos da Conferencia
xa teñen algún xogador ou xogadora en categoría infantil. Incluso,
xa se está estudando a posibilidade de incluír no PLAY OFF NACIONAL
2017 a Categoría
Teta.
FANTÁSTICO!!!!
RESULTADOS
| CATEGORIA ABSOLUTA | do EQUIPO | ||
| 1º | SALVA | CORREDOIRAS | BUEU |
| 2º | CHO | ARMADIÑA | POIO |
| 3º | XAN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| CATEGORÍA FEMININA | do EQUIPO | ||
| 1º | MÓNICA | GHARABOTO | MARÍN |
| 2º | LU | CORREDOIRAS | BUEU |
| 3ª | BEGO | CORREDOIRAS | BUEU |
| CATEGORÍA INFANTIL | do EQUIPO | ||
| 1º | ADRIANA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
| GENO | CORREDOIRAS | BUEU | |
| 2º | MARTIÑO | CORREDOIRAS | BUEU |
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | ||
| 1º | CORREDOIRAS | BUEU | |
| 2º | GHARABOTO | MARÍN | |
| 3º | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 3º-XAN (Lúa de Forza-Sanxenxo) 1º-SALVA (Corredoiras-Bueu) 2º-CHO (Armadiña-Combarro) |
| 3ª-LU (Corredoiras) 1ª-Mónica (Gharaboto) 2ª-Bego (Corredoiras. Rrecolleu o trofeo Ana) |
| Mellor marca de todos os tempos na LNB 18 participantes nas categorías infantil e teta. |
CATEGORÍA EQUIPOS
O vencedor da xornada foi Corredoiras de Bueu que se quedou a un punto dos 90 ptos. O resto dos equipos quedaron lonxe. Foi segundo Gharaboto con 74 e terceiro Lúa de Forza con 66. Os outros equipos non chegaron aos 60 ptos. Deste xeito, Corredoiras distanciase más no liderado e, como era previsible, Gharaboto xa se situou na segunda praza da xeral. Despois dun comezo moi floxo o equipo de Marín, co cadro de xogadores máis amplio de toda a LNB, está impoñendo a lei desta amplitude e avanza con paso firme cara ao seu obxectivo de comezo de temporada que non é outro que loitarlle o título ao equipo de Bueu, Corredoiras. Quedan xornadas suficientes para acercarse aos do Morrazo, pero o equipo de atletas ten moito fondo e vemos difícil que ninguén lles ofreza resistencia. Mais, se algún equipo está capacitado para facelo, ese é Gharaboto.
Lúa
de Forza rendiu a un nivel altísimo tendo en conta que presentou
5 xogador@s nada máis. Agora, queda
terceiro a 7 puntos do segundo. Rinoceronte que tamén
presentou a 5 xogadores sufriu máis e non chegou aos 50 puntos.
Despois de obter a puntuación máis baixa da temporada, o equipo
pontevedrés queda moi lonxe do podio.
Na
parte media da táboa, Laxe de Rons mantén unha cómoda
vantaxe sobre Valpaços Terra Quente, pero non deben
descoidarse xa que o equipo de Vigo sacoulles 13 puntos nesta xornada
e agora sepáronos 40 puntos.
Na
parte baixa da clasificación Armadiña prosegue a súa
remontada e xa é 7º. Casilledín é penúltimo e Andarela
continúa coa súa regularidade, pois desde a primeira xornada que
conseguiu o último posto xa non o abandonou. Estes dous equipos
teñen poucos xogadores e xogadoras e necesitan fichaxes. Así e
todo, nesta xornada xa presentaron algunha novidade. Desta maneira,
no equipo de Barrantes á incorporación de Noe na xornada anterior
uníuselle a do bulideiro Alexandre, quen con 6 anos conseguiu 5
puntos nun grupo onde estaban Luísgon, Lu, Geno, Ricardo Lois,
Alvaro Pai, Vanessa, Beni, Cris, Cheli e outros máis. En definitiva,
un presente prometedor e un futuro grandioso para este palanador de
Ribadumia. En Andarela xogou por vez primeira o infantil Roberto.
A
falta dunha xornada para rematar a primeira volta da competición,
algunhas cousas están quedando diáfanas. A primeira é que
Corredoiras é o único candidato ao título de Conferencia. A
segunda é que Gharaboto vai ter que esforzarse para poñer
nubes diante de Lúa de Forza se quere acceder ao Play Off. A
terceira é que Rinoceronte debe mirar cara atrás, pois os
bateeiros do Grove queren botarlle a boca. A cuarta é que Valpaços
Terra Quente e Armadiña son os equipos de moda en canto á
captación de talentos, o cal os sitúa no camiño de ser futuros
equipos de podio de Conferencia e quen sabe se de Play Off Nacional.
A quinta é que Casilledín ou Andarela van levar ao
final de temporada unha billarda de metal para as súas
lacenas.
| En primeiro plano Xosé Rial (ARMADIÑA-Combarro-Poio) |
| Ignacio (ARMADIÑA-Combarro-Poio) |
| Carmen Nai (GHARABOTO-Marín) |
| Alexandre (CASILLEDÍN-Barrantes-Ribadumia) |
| Roberto (ANDARELA-Meaño) |
Os equipos seguen preparándose para a xornada de Castrelo. A superficie de terra pode supoñer unha modificación no salto da billarda o que está provocando a intensificación dos adestramentos.
Tamén, podemos informar da primeira lesión grave da temporada. O gran palanador dos Rinoceronte de Pontevedra, Daniel, tivo que ser sometido a unha artroscopia no seu xeonllo esquerdo. Temos o documento gráfico que nos enviou a LNB Rías Baixas no que aparece o xeonllo recentemente operado de Daniel, así como, o momento no cal puido mancarse. Os servizos médicos do equipo Rinoceronte prevén a recuperación do palanador da Vichona para a xornada de Bueu.
Tamén, podemos informar da primeira lesión grave da temporada. O gran palanador dos Rinoceronte de Pontevedra, Daniel, tivo que ser sometido a unha artroscopia no seu xeonllo esquerdo. Temos o documento gráfico que nos enviou a LNB Rías Baixas no que aparece o xeonllo recentemente operado de Daniel, así como, o momento no cal puido mancarse. Os servizos médicos do equipo Rinoceronte prevén a recuperación do palanador da Vichona para a xornada de Bueu.
6ª xornada ANÁLISE Categoría Absoluta
Esta 6ª xornada caracterizouse pola superficie de cemento do pavillón que favorecía o avance das billardas. Deste xeito, para ganar a xornada houbo que facer varados, e moitos. Houbo 34 varados en total, unha cifra que quedou lonxe do record absoluto LNB que está en 41. A nivel individual si se estableceu o record de varados da conferencia con 7. Na final a tres da xornada presentáronse Luís Camiña e Geno con 2 varados cada un, e Xan con 6 varados. Evidentemente, para ganar había que facer varado e foi o de Lúa de Forza quen o fixo.
As puntuacións da xornada foron elevadas se temos en conta que 16 xogadores/as conseguiron entre 15 ptos e 19 ptos e 4 palanadores fixeron 20 ptos ou máis.
No Top Dez produciuse a entrada de Luís Camiña, quen nas últimas dúas xornadas estivo subido á segunda posición do podio conseguindo máis de 20 ptos en cada unha delas, o cal lle permitiu situarse na 7ª posición. En cada xornada hai algunha actuación sobranceira dun palanador ou dunha palanadora que convén salientar polo inusual do feito. Nesta ocasión foi Pepe "Ghato" quen estivo cerca de alcanzar a final e só sucumbiu ante un varado. Aínda así alcanzou os 21 ptos. Tamén, Geno, en categoría infantil, tivo unha soberbia actuación, pois disputoulle o triunfo da xornada a dous dos máis grandes da LNB. Outro infantil, que debutara na xornada anterior, Oscar de Armadiña, conseguiu 16 ptos e estivo a un desempate de pasar á segunda fase de cruces da xornada.
As posicións no Top Dez empezan a aclararse. Así, vemos unha loita polo título na que estarán seguro Xan e Ricar, e na que tamén terán algo que dicir tanto Che (Campión Nacional de Varados) como Salva. O resto dos competidores están demasiado lonxe. Ademais, este ano está caro o primeiro posto, pois a media de ptos que leva o líder é de 25, cifra ao alcance de moi poucos.
Despois, está a competencia polos postos de honor do Top Dez. Desde o 5º posto ao 10º posto hai 8 ptos de diferenza. En 2 ptos están os postos 7º,8º,9º e 10º con catro palanadores de grande nivel como son Luís Camiña (faltou a unha xornada), Suso, Lito e Luís Rino. Fari está entre dúas augas, pode tirar cara ao podio ou soamente buscar os postos de honor. O palanador de Bueu faltou a unha xornada e deberá remar se quere acercarse ao podio. Luís Gon é a sorpresa deste Top Dez, pois é un palanador irregular que nunca estivera tan cerca do podio na xeral.
6ª XOR ANÁLISE
CATEGORÍA FEMININA
Nesta xornada de Soutomaior houbo 7 palanadoras que conseguiron 10 ou máis ptos, algo que só sucedera na primeira xornada de liga. Está claro que conforme avanza a temporada as xogadoras están mellorando os seus resultados. Foi Elena de Gharaboto quen se levou o triunfo da xornada con 16 ptos, no segundo lugar quedou Chefa con 15 ptos, que reaparecía despois da súa ausencia de tres xornadas, e terceira foi Tania con 12 ptos, quen tamén reapareceu despois de 4 xornadas.
A superficie do pavillón da Montesiña en Arcade foi unha pista de patinaxe para as billardas o que fixo que calquera imprecisión fora castigada coa saída das madeiras polo fondo do terreo. Isto proporcionou máis oportunidades para as palanadoras menos potentes pero moito máis precisas. Deste xeito, Bego que se caracteriza pola súa potencia nos golpeos veuse superada pola precisión e seguridade no golpe destas tres xogadoras. Pola súa banda, a líder actual, Lu, tivo unha boa actuación se consideramos que ela está buscando o título da Conferencia e todo o que sexa non perder moitos puntos con relación á máxima favorita Bego é un paso máis cara ao seu obxectivo. Nesta ocasión Bego obtivo só un punto máis ca Lu.
Elena acércase ao terceiro posto do podio ao sumar 16 ptos por unicamente 1pto de Adriana, quen non se adaptou ben ás condicións do pavillón. Destacar a actuación de Merche unha palanadora que pertenece ao APB Santa Marta, un equipo da Conferencia Noroeste, que veu probar os paus das Rías Baixas.
Polo demais, foi a xornada con maior participación feminina da historia da Conferencia con 27 palanadoras. Está ben claro que a billarda é unha palabra de xénero feminino por algo. A seguinte xornada xogarase en superficie de terra, Castrelo-Cambados. Así que, ide depurando a técnica para salvar os obstáculos que aparecen cando o chan é irregular e o condenado non acepta ben os golpes.
6ª xornada ANÁLISE
Categoría EQUIPOS
O
reparto de puntos nesta xornada estivo liderado por CORREDOIRAS que despois de tres xornadas nas que non fora o equipo ganador volveu a
recuperar a supremacía
nesta 6ª
xornada. GHARABOTO segue o seu camiño cara á segunda posición que
dá dereito a participar no Play Off Nacional.
LÚA DE FORZA agárrase
á segunda posición, pero escoita
o velame da fragata de
Marín que se acerca por babor. RINOCERONTE,
que se presentou en Soutomaior con unicamente 6 xogadores e a metade
deles palanadores da parte baixa da clasificación, tivo un
rendemento excepcional e con 69 ptos mantense cerca do podio
esperando a súa oportunidade para acercarse á segunda posición.
Estes catro equipos están no primeiro chanzo da Conferencia Rías
Baixas e loitarán ata o final polas dúas prazas do Nacional e polo
podio da Conferencia.
Nun
segundo plano estarían LAXE DE RONS e VALPAÇOS TERRA QUENTE que
aínda non teñen o potencial para acercarse ao podio, mais
melloraron moito as súas prestacións do ano pasado. Os
do Grove manteñen o equipo do ano pasado, pero con dous xogadores
que evolucionaron o seu xogo e están sendo unha sorpresa agradable.
Son os casos de Paco Vidal e Martín. Pola outra beira, o equipo de Vigo reforzouse
para este ano con talento sólido, como o de Salgue, e con talento para
o futuro, con Yaiza e Zaira.
![]() |
| LAXE DE RONS (O Grove) |
Nos
últimos postos da clasificación están dous equipos históricos das
Rías Baixas, CASILLEDÍN e ANDARELA, e un equipo que leva xogadas
só tres xornadas de liga, ARMADIÑA. Aqueles dous equipo teñen un
cadro de xogadores e xogadoras moi limitado o cal non lles vai
permitir avanzar destes 3 últimos postos. Aínda así, o equipo de
Barrantes incorporou unha nova xogadora nesta xornada de Soutomaior e
segue buscando talentos do
pau polo país adiante. ANDARELA organizará a próxima xornada en
Castrelo-Cambados, onde espera presentar as súas novas
incorporacións. Outro caso totalmente diferente é a do equipo de
Combarro. Este ten o futuro nos seus paláns, pois aporta xuventude e
feminidade ao xogo. Deste xeito, despois de tres xornadas xa
conseguiron acercarse aos 50 ptos nesta última xornada, e iso tendo
en conta que algún dos seus palanadores, que teñen un enorme
potencial, non estiveron a bo nivel. Salientar que foi un infantil o
que lles aportou maior número de ptos, Oscar, que ganou na súa
categoría.
A clasificación xeral está así
Na vindeira xornada de Castrelo (Cambados) pódense producir dous "sorpasos", pois GHARABOTO pode superar a LÚA DE FORZA no segundo posto e ARMADIÑA pode facer o mesmo con CASILLEDÍN no sétimo lugar. Ninguén se pode perder a próxima xornada! Acordádevos que será en terra, aínda que chova, vente ou neve, xa que o lugar está cuberto por arriba e polos lados.
RESULTADOS 6ª XORNADA SOUTOMAIOR
PARTICIPACIÓN
79
27 MULLERES
52 HOMES
| CATEGORIA ABSOLUTA | do EQUIPO | ||
| 1º | XAN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 2º | LUÍS CAMIÑA | GHARABOTO | MARÍN |
| 3º | GENO | CORREDOIRAS | BUEU |
| CATEGORÍA FEMININA | do EQUIPO | ||
| 1º | ELENA | GHARABOTO | MARÍN |
| 2º | CHEFA | CORREDOIRAS | BUEU |
| 3ª | TANIA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
| CATEGORÍA INFANTIL | do EQUIPO | ||
| 1º | OSCAR | ARMADIÑA | POIO |
| MANUEL | LÚA DE FORZA | SANXENXO | |
| 2º | JUANMA | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO | ||
| 1º | CORREDOIRAS | BUEU | |
| 2º | GHARABOTO | MARÍN | |
| 3º | RINOCERONTE | PONTEVEDRA |
Esta xornada caracterizouse pola alta participación infantil e pola velocidade coa que esvaraban as billardas na pista de cemento pulido da Montesiña.
Tamén queremos destacar a irrupción nos podios da LNB da marea celeste de Combarro. Prometen levar a súa camisola aos podios da categoría feminina e da categoría absoluta. Para conseguir esta proeza xa tomaron a primeira decisión que pode cambiar o rumbo da Conferencia Rías Baixas e da LNB: reservaron o pavillón de Lourido para convertilo durante 2 horas á semana no segundo Centro de Adestramento, Tecnificación e Rendemento deportivo da billarda, o C.A.T.R.E. O primeiro está no concello de Sanxenxo.
Perdón, o terceiro CATRE, pois esqueciamos o de Bueu (na Estacada) que foi o segundo.
Perdón, o terceiro CATRE, pois esqueciamos o de Bueu (na Estacada) que foi o segundo.
Mañá analizaremos os resultados da xornada.
Análise 5ª XORNADA
CATEGORÍA ABSOLUTA
A herba da Illa de Arousa foi propicia para Luíses
Na 5ª xornada houbo dous
palanadores que saíron moi reforzados, pois foron os únicos que
traspasaron a fronteira dos 20 ptos que foron do equipo Gharaboto. Luís, con 27 ptos, foi o ganador da xornada. e só Luís Camiña,
segundo clasificado, estivo preto del con 23 ptos. O resto de
xogadores e xogadoras non alcanzaron a cifra dos vinte puntos que é
a marca á que hai que chegar se se quere loitar polo podio da
Conferencia. Ao outro Luís, Rino, chegáronlle 17 ptos para ocupar o terceiro chanzo do podio.
Estes palanadores deron
un salto moi importante na clasificación xeral. Deste xeito, Luís
González accedeu ao Top Dez. Ocupa o sexto posto, mais a bastante
distancia aínda dos lugares do podio. O seu obxectivo a comezo da
temporada era disputarlle o título aos outros dous grandes
favoritos, Ricar e Xan, pero os 5 ptos conseguidos na segunda xornada
e os 11 da terceira fan que estea a 57 ptos da primeira posición. O
que nos fai pensar que será “misión imposible” para o da Torre
alcanzar un título que se lle resiste. Non debemos esquecer que Luís
é un dos palanadores con mellor ranking LNB. Ten no seu haber 3
Títulos de Conferencia Sur, así como 6 títulos na categoría de
Varados, ademais de ser o primeiro en número de Varados na historia
da LNB e o terceiro en número de Xornadas LNB ganadas. Sen esquecer
os seus 2 Títulos Nacionais na categoría de Equipos. Pois a pesar
deste brillante historial nunca foi quen de ganar a súa Conferencia
natural. Estivo moi cerca dúas veces nas que conseguiu o
subcampionato.
Luís Camiña conseguiu
nas últimas xornadas 44 ptos, ou sexa unha media de 22, o que o
sitúa xa no posto 15 da clasificación xeral. Certo que faltou a
unha xornada e agora ten que recuperar terreo perdido con relación
aos demais competidores e competidoras. Non dubidamos que Luís
Camiña chegará ao Top Dez.
Luís Rino, conseguíu ser regular nas primeiras cinco xornadas o que lle fixo chegar ata o posto 14 da xeral. Este palanador que o ano pasado mostrou como debilidade a súa manifesta irregularidade, esta temporada, e polo momento, está demostrando unha evolución no seu xogo. Isto fai del outra alternativa sólida para o Top Dez.
PUNTUACIÓNS ACUMULADAS DAS DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS
Esta xornada da Illa de Arousa disputouse nun terreo de xogo coa dificultade de ser unha superficie mixta de terra e herba moi alta, o que fixo que as puntuacións foran máis baixas que as doutras xornadas. Se miramos o cadro de abaixo vemos que só dous xogadores chegaron aos 20 ptos, cousa que non sucedeu nas xornadas anteriores, incluso na que se xogou en pavillón. Isto fainos ver que canto máis difícil é o terreo as puntuacións de todos e todas están máis proximas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



























