billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

RESUME da 11ª xornada



PARTICIPACIÓN
63

MULLERES
19

HOMES
44




A tarde de choiva fixo que tiveramos que xogar no pavillón de Carballedo (Cotobade). A superficie de xogo do recinto estaba cuberta con moqueta, o que lle aportou un ingrediente novedoso para os nosos e as nosas palanadores. A algunhas xogadoras gustoulles este terreo a outras non tanto. O certo é que este material de tea fixo máis lento o desprazamento das billardas e cachizas. O resultado foi que só que conseguiron facer 5 varados e 2 deles no palán do coroceiro nacional Ricar. 
A xornada foi moi propicia para os equipos de CORREDOIRAS RÍAS que ganaron a xornada con 94 ptos., e para RINOCERONTE que con 88 conseguiron alcanzar na clasificación xeral a terceira praza que dá dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL do 29 de maio, iso si empatados a puntos con GHARABOTO. A falta de 5 xornadas o título de conferencia semella que será para os xogadores e xogadoras de Bueu. As outras dúas prazas haberá que disputalas ata a última ou penúltima xornada.

A xornada foi ganada por Xan (LÚA DE FORZA-SANXENXO), seguido de Ricar (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e Gelín (GHARABOTO-MARÍN). Deste xeito, a clasificación xeral absoluta segue encabezada por Xan, en segunda posición mantense Ricar e terceiro Luís (GHARABOTO). 




3ª ANA CHEFA 2ª LU

Na categoría feminina ganou a xornada Chefa (CORREDOIRAS SUR-BUEU), en segunda posición quedou Lu (CORREDOIRAS RÍAS-BUEU) e terceira foi Ana (GHARABOTO)















3º JUANMA 1º GENO 2º MARTIÑO


Na categoría infantil o primeiro foi Geno (CORREDOIRAS RÍAS)  o segundo Martiño (CORREDOIRAS SUR) e o terceiro Juanma (LÚA DE FORZA).







CATEGORÍA ABSOLUTA
3º GELÍN 1º XAN 2º RICAR



MANOLO FARIÑA (GHA)
BEGO (COR)
FREIXEIRO (OS DE TORRES-O GROVE)
PEPE (COR)

CASILDA (GHARABOTO)








CHE (RIN)
INÉS (COR)

ELENA (GHA)


CRIS (RIN)








XOGO DE AXILIDADE VISUAL

Encontrar as 7 diferenzas entre os dous "animais"
XABARÍN-PEPERÍN



RESULTADOS 10ª XORNADA

2º-LUÍS 1º-MANOLO FARIÑA 3º-RICAR 4ª-LU

2ª-CASILDA 1ª-TANIA 3ª-BELMIRA

ADRIANA-JUANMA-GENO



PARTICIPACIÓN
56

MULLERES
16

HOMES
40

Primeira incursión nun terreo de xogo cerrado polos catro lados e os resultados indican que por fin podemos presentar candidatos ao PLAY OFF NACIONAL na categoría de VARADOS. Fixéronse 20.  Manolo Fariña de GHARABOTO converteuse na persoa de maior idade que gana unha xornada de liga na nosa Conferencia. Manolo é un palanador de moito talento. É coñecido no mundo da billarda por "O caracol", seica porque avanza amodiño, pero sen pararse e sen fallar. O exemplo témolo en que nesta xornada non fixo ningún varado e aínda así fíxose co título da xornada. Competiu na final contra dous dos máis destacados palanadores da LNB, o actual Coroceiro e Luís Pirucha. Parecía que a potencia dos golpes dos máis novos sería suficiente para ter máis opcións de ganar. Mais, a Manolo "o caracol" chegoulle con poñer nun primeiro golpe a billarda ao ladiño da entrada do varal. Lúís empatoulle. No desempate Manolo volveu facer o mesmo, golpeou a billarda a modiño e colocouna pertiño do varal. Parabéns!


RESULTADOS 9ª XORNADA

PARTICIPACIÓN

70

22 MULLERES
48 HOMES


CAMPIÓN DA XORNADA LITO (CORREDOIRAS RÍAS)

2º-GENO 1º-BRAIS 3º-JUANMA

2ª-BELMIRA 1ª-BEGO 3ª-YUDANI

3º-ANDRÉS 1º-LITO 2º-RICAR



RESULTADOS 8ª XORNADA

PARTICIPACIÓN
74

23 MULLERES
51 HOMES


GENIO (RINOCERONTE)

Para xogar billarda necesítanse unhas condicións físicas só ao alcance de seres humanos extraordinarios. Estes raros, por escasos, seres están identificados baixo a denominación da LNB
Para exemplo, véxase a posición acrobática dun destes seres na foto adxunta.
Se alguén quere comprobar con certeza que estes seres existen que se acerque a calquera xornada da LNB que se celebran por todo o país.



3º-CAROLO-RICARDO LOIS 2º-LUISGÓN



3ª-ELENA -EVA MARÍA 2ª-BELMIRA


2º-BRAIS-GENO 3º-LOPE




Resultados 7ª xornada

PARTICIPACIÓN
77

MULLERES 26
HOMES        51



3º-LUÍS CAMIÑA 2º-ANDRÉS RODRÍGUEZ 1º-XAN RODIÑO

2ª-LITA 1ª-LU TORRES 3ª-VANESSA FARIÑA

3ª-ADRIANA 1º-JUANMA CAMIÑA 2º-GENO