billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
ESTATÍSTICAS 12ª XOR
1ª BEGO
(CORREDOIRAS RÍAS)
BUEU
2ª MONICA
(ZUME DE VIMBIA)
SANXENXO
1º- INFANTIL
JUANMA CAMIÑA
(LÚA DE FORZA)
SANXENXO
1º LUÍS ENRIQUE
(GHARABOTO)
MARÍN
2º LUÍS CAMIÑA
(GHARABOTO)
MARÍN
3º GELÍN
(GHARABOTO)
MARÍN
(CORREDOIRAS RÍAS)
BUEU
2ª MONICA
(ZUME DE VIMBIA)
SANXENXO
1º- INFANTIL
JUANMA CAMIÑA
(LÚA DE FORZA)
SANXENXO
1º LUÍS ENRIQUE
(GHARABOTO)
MARÍN
2º LUÍS CAMIÑA
(GHARABOTO)
MARÍN
3º GELÍN
(GHARABOTO)
MARÍN
PARTICIPACIÓN
75
MULLERES 20
HOMES 55
11ª xor COTOBADE 7 marzo
![]() |
| Aí está o palán... onde ten a billarda o cativo? |
PARTICIPACIÓN
80
MULLERES
25
HOMES
55
RESULTADOS XORNADA
ABSOLUTA1º-DANI RINOCERONTE
2º-PEPE COLLAZO LARACHA
3º-CHE RINOCERONTE
![]() |
| PARTICIPANTES INFANTIL DE COTOBADE |
FEMININA
1ª-BEGO CORREDOIRAS RÍAS
2ª-BELMIRA VALPAÇOS TERRA QUENTE
3ª-GENI BILL. MUSICAIS
![]() |
| NON! Non é o Paco do Ferrol, é do Grove. |
INFANTIL
1º-JUANMA LÚA DE FORZA
2º- GENO CORREDOIRAS SUR
3ª-ADRIANA VALPAÇOS TERRA QUENTE
![]() |
| Vemos a posición de ataque dunha RINOCERONTE Laura |
![]() |
| Vemos a posición de descanso doutro RINOCERONTE, Dani o ganador da xornada |
11ª XORNADA
Para ter máis información sobre como chegar ao lugar de xogo consultar o facebook conferencia rías baixas.
Como chegar desde Pontevedra
https://www.google.es/…/data=!3m1!1e3!4m9!4m8!1m5!1m1!1s0xd…
IMPORTANTE
superficie de xogo
HERBA
CRÓNICA 10ª XORNADA
O sábado 14 febreiro disputouse a 10ª xornada en Barrantes. Houbo que utilizar o Pavillón xa que no exterior caían chuzos. O número de xogadores e xogadoras foi de 76. Ao ser unha pista rápida fixéronse 19 varados. O equipo local CASILLEDÍN, presentou unha aliñación de grande potencial o que lles permitiu obter 50 ptos, a segunda puntuación máis elevada para eles e elas no que vai de temporada.
![]() |
| Chichi, novo xogador de OS DE TORRES |
Produciuse o cambio de líder na categoría de EQUIPOS. Así, GHARABOTOS (Marín) conseguíu 75ptos, sacándolle 26 a CORREDOIRAS RIAS (Bueu). Tamén, foi unha boa xornada para RINOCERONTE (Pontevedra) 66ptos. Deste xeito, os tres primeiros postos están a unha distancia de tan só 28ptos.
Na categoría absoluta o ganador da xornada tivo que decidirse nunha carreira entre tres, pois por vez primeira na temporada houbo un empate final a 22ptos entre tres palanadores LUÍS CAMIÑA (GHA), XAN (LÚA) e BALEA (GHA). BALEA que regresaba á competición estivo a punto de conseguir o triunfo na súa primeira participación, só un varado de Xan llo impediu.
Na categoría feminina impúxose con 19ptos CHEFA (COS), moi preto dela só cun pto menos estivo TANIA (VAL), en terceiro lugar quedou ADRIANA (VAL), esta última está aínda en categoría infantil.
En infantil, o líder JUANMA tivo un día menos bo, obtivo 0 ptos, o que aproveitou MARTIÑO 9ptos para acercarse un pouquiño na clasificación, igual que ADRIANA 10ptos.
Vemos nestas imaxes sacadas por Manolo Castro de abaixo as fases de golpeo de LUCÍA (AND).
FANTÁSTICA PALANADORA
10ª xornada CRÓNICA
PARTICIPACIÓN
76
HOMES
53
MULLERES
23
1ª CHEFA (Corredoiras Sur)
2ª TANIA (Valpaços Terra Quente)
3ª ADRIANA (Valpaços Terra Quente)
Categoría infantil
1º MARTIÑO (Corredoiras Sur)
2º JUANMA (Lúa de Forza)
3ª ANALÍA (Valpaços Terra Quente)
Categoría Absoluta
1º XAN (Lúa de Forza)
2º BALEA (Gharaboto)
3º LUÍS CAMIÑA (Gharaboto)
Última hora
Ante unha reclamación anónima presentada no día de hoxe na delegación da LNB Rías Baixas, ábrese expediente disciplinario contra Pepe Collazo (Billardeiros da Laracha). O escrito di o seguinte:
"Durante o quencemento previo á 10ª xornada do pasado sábado 14 de febreiro, CRIS, palanador da franquicia RINOCERONTE, recibiu na testa o impacto dun proxectil de madeira enviado por Pepe Collazo. Este feito fíxolle perder 222 cl. de sangue. Daquela, xogou as 5 carreiras coas súas capacidades diminuídas. Como queira que cando acudiu a un centro sanitario de Pontevedra lle deron 3 puntos de sutura, solicitamos que se lle sumen estes 3 ptos na clasificación xeral a CRIS. Ao mesmo tempo, pedimos que Pepe Collazo, autor do golpeo da billarda que bateu no cranio do noso xogador, doe 250 cl. de sangue ao Centro de Transfusión de Galicia"
Asdo. Equipo de Billarda ANÓNIMO.
Agora o comité de competición LNB Rías Baixas abre o prazo dunha semana para presentar alegacións e probas do suceso. Pasado este tempo tomará unha decisión.
10ª XORNADA BARRANTES (RIBADUMIA)
Como xa anticipou Triki ó remate da última xornada en Vilanova, e para non perder as boas tradicións: previo á 10ª xornada da Conferencia Rías Baixas, o equipo anfitrión (Casilledín) imos organizar unha comida nun local de Barrantes, co fin de coller enerxías con boa comida e bo viño.
Este ano iremos ó (Mesón Lucho). Menú: entrantes, churrasco, bebidas, café e chupito. 12 euros a pagar cada un a súa parte. (os nenos ata 9 anos non pagan).
Pode vir a comer todo aquel da familia billardeira que o desexe e teña 12 euros no peto.
Plazo límite para apuntarse: Xoves 12 de febreiro ás 23:00. Chamando ó número 637 564 377 (Manolo Abuín)
9ª XORNADA DEIRO-VILANOVA DE AROUSA
PARTICIPACIÓN
68
21 MULLERES
47 HOMES
1º-LUÍS (RIN)
2º-SUSO (COR)
3º-XAN (LÚA)
FEMININA
1ª-LU (COR)
2ª-ELENA (GHA)
3ª-BEGO (COR)
INFANTIL
1º-MARTIÑO (COS)
2º-JUANMA (LÚA)
3º-ADRIÁN (GHA)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















.jpg)




