billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com



ATENCIÓN!!


No apartado de ligazóns do blog TODOLNB.BLOGSPOT.COM aparece a partir de hoxe 24 FEBREIRO o enlace con Galicia en Goles, onde ofrecen os resultados da LNB. De momento pódense escoitar os resultados da 10ª xornada xogada en Barrantes.

CRÓNICA 10ª XORNADA





O sábado 14 febreiro disputouse a 10ª xornada en Barrantes. Houbo que utilizar o Pavillón xa que no exterior caían chuzos. O número de xogadores e xogadoras foi de 76. Ao ser unha pista rápida fixéronse 19 varados. O equipo local CASILLEDÍN, presentou unha aliñación de grande potencial o que lles permitiu obter 50 ptos, a segunda puntuación máis elevada para eles e elas no que vai de temporada. 


Chichi, novo xogador de OS DE TORRES     

Produciuse o cambio de líder na categoría de EQUIPOS. Así, GHARABOTOS (Marín) conseguíu 75ptos, sacándolle 26 a CORREDOIRAS RIAS (Bueu). Tamén, foi unha boa xornada para RINOCERONTE (Pontevedra) 66ptos. Deste xeito, os tres primeiros postos están a unha distancia de tan só 28ptos.







Na categoría absoluta o ganador da xornada tivo que decidirse nunha carreira entre tres, pois por vez primeira na temporada houbo un empate final a 22ptos entre tres palanadores LUÍS CAMIÑA (GHA), XAN (LÚA) e BALEA (GHA). BALEA que regresaba á competición estivo a punto de conseguir o triunfo na súa primeira participación, só un varado de Xan llo impediu.

Na categoría feminina impúxose con 19ptos CHEFA (COS), moi preto dela só cun pto menos estivo TANIA (VAL), en terceiro lugar quedou ADRIANA (VAL), esta última está aínda en categoría infantil.

En infantil, o líder JUANMA tivo un día menos bo, obtivo 0 ptos, o que aproveitou MARTIÑO 9ptos para acercarse un pouquiño na clasificación, igual que ADRIANA 10ptos.

Vemos nestas imaxes sacadas por Manolo Castro de abaixo as fases de golpeo de LUCÍA (AND).
FANTÁSTICA PALANADORA









                                                  

10ª xornada CRÓNICA

PARTICIPACIÓN
76

HOMES
53

MULLERES 
23



                   Categoría Feminina



CHEFA (Corredoiras Sur)


TANIA (Valpaços Terra Quente)


ADRIANA (Valpaços Terra Quente)






                                      Categoría infantil



MARTIÑO (Corredoiras Sur)


JUANMA (Lúa de Forza)


ANALÍA (Valpaços Terra Quente)







                  Categoría Absoluta




1º XAN (Lúa de Forza)


2º BALEA (Gharaboto)


3º LUÍS CAMIÑA (Gharaboto)









Última hora 


Ante unha reclamación anónima presentada no día de hoxe na delegación da LNB Rías Baixas, ábrese expediente disciplinario contra Pepe Collazo (Billardeiros da Laracha). O escrito di o seguinte:

"Durante o quencemento previo á 10ª xornada do pasado sábado 14 de febreiro, CRIS, palanador da franquicia RINOCERONTE, recibiu na testa o impacto dun proxectil de madeira enviado por Pepe Collazo. Este feito fíxolle perder 222 cl. de sangue. Daquela, xogou as 5 carreiras coas súas capacidades diminuídas. Como queira que cando acudiu a un centro sanitario de Pontevedra lle deron 3 puntos de sutura, solicitamos que se lle sumen estes 3 ptos na clasificación xeral a CRIS. Ao mesmo tempo, pedimos que Pepe Collazo, autor do golpeo da billarda que bateu no cranio do noso xogador, doe 250 cl. de sangue ao Centro de Transfusión de Galicia"  

                               Asdo.       Equipo de Billarda ANÓNIMO. 


Agora o comité de competición LNB Rías Baixas abre o prazo dunha semana para presentar alegacións e probas do suceso. Pasado este tempo tomará unha decisión.








10ª XORNADA BARRANTES (RIBADUMIA)

Como xa anticipou Triki ó remate da última xornada en Vilanova, e para non perder as boas tradicións: previo á 10ª xornada da Conferencia Rías Baixas, o equipo anfitrión (Casilledín) imos organizar unha comida nun local de Barrantes, co fin de coller enerxías con boa comida e bo viño.
Este ano iremos ó (Mesón Lucho). Menú: entrantes, churrasco, bebidas, café e chupito. 12 euros a pagar cada un a súa parte. (os nenos ata 9 anos non pagan).
Pode vir a comer todo aquel da familia billardeira que o desexe e teña 12 euros no peto.
Plazo límite para apuntarse: Xoves 12 de febreiro ás 23:00. Chamando ó número 637 564 377 (Manolo Abuín)




9ª XORNADA DEIRO-VILANOVA DE AROUSA

PARTICIPACIÓN
68

21 MULLERES
47 HOMES




                                                                     1º-LUÍS (RIN)
                                                                                            2º-SUSO (COR)
                                                                                            3º-XAN (LÚA) 


FEMININA

1ª-LU (COR)
2ª-ELENA (GHA)  
3ª-BEGO (COR)
















INFANTIL

1º-MARTIÑO (COS) 
2º-JUANMA (LÚA)
3º-ADRIÁN (GHA) 


9ª xornada

A 9ª xornada que se disputará no CEIP Viñagrande (Deiro-Vilanova de Arousa) será o sábado 24 xaneiro



OLLO Á DATA

CRÓNICA 8ªXOR

En Beluso, o equipo pontevedrés RINOCERONTE conseguíu 75 ptos. Ningún outro equipo puido estar á súa altura. Deste xeito, afiánzase na 3ª posición da xeral acercándose a 30 ptos do líder, CORREDOIRAS RÍAS. Os de Bueu, que xogaban na casa, conseguiron superar en 4 ptos a GHARABOTO e agora son líderes con só un pto máis que os de Marín. Na terceira posición e na cuarta aparecen os equipos de Sanxenxo, LÚA DE FORZA e ZUME DE VIMBIA.

  Juanma Camiña, a os seus 12 anos, foi o vencedor da 8ª xornada. Juanma conseguíu 20 ptos nas cinco carreiras, igual que fixo Juanma Rino. Entón, tiveron que disputar unha carreira de desempate, na cal venceu o de LÚA DE FORZA, en dous portentosos golpes. O de RINOCERONTE non foi quen de facer o mesmo e tivo que conformarse coa segunda praza. 
   Nesta xornada non houbo cambios nos primeiros postos, pois entre os catro primeiros apenas houbo 2 ptos de diferencia. Así, Xan de LÚA DE FORZA sigue como líder, Luís de GHARABOTO está a 8 ptos deste, en segunda posición, Ricar de CORREDOIRAS RÍAS é terceiro a 16 ptos, e Álvaro de ZUME DE VIMBIA a 25, está na cuarta posición.
   Con este resultado Juanma Camiña, que está aínda en categoría infantil, sube ata o posto 13 da xeral absoluta, o que lle daría praza para o play off nacional 2015. Na categoría infantil, o seu dominio é absoluto, só Geno, Adriana e Martiño lle fan fronte, mais a moita distancia.
    Salientar a participación nesta categoría de Brais, actual campión infantil LNB. 





GENO (COS), ADRIANA (VAL), BRAIS (COS)



 Na categoría feminina, Yu conseguíu alzarse coa vitoria na xornada. Obtivo 19 ptos. A palanadora de Bueu, que ata o ano pasado estaba na categoría infantil, mantense na 3ª posición da xeral feminina, sendo a única opción de alternativa ás dúas grandes dominadoras Bego (COR) e Lu (COR). A primeira, actual campioa LNB 2014 e a segunda, campioa LNB 2012.



8ª XOR resultados

PARTICIPACIÓN
67

MULLERES
20
HOMES
47







1º-JUANMA CAMIÑA (LÚA)

2º-ALBINO (RIN)

3º-JUANMA (RIN)












1ª-YUDANI (COR)

2ª-BEGO (COR)

3ª-MÓNICA (ZUM)












1º-BRAIS (COS)

2º-GENO (COS)

3ª-ADRIANA (VAL)