billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

CRÓNICA 7ª XOR VILALONGA



  O lugar da Telleira na parroquia de Vilalonga (Concello de Sanxenxo) foi o lugar escollido para disputar a 7ª xornada da LNB Rías Baixas.
  A tarde foi soleada, mais o norte fixo que a temperatura necesitara dunha boa roupa de abrigo. Non obstante, isto non foi impedimento para a participación de 76 persoas, pertencentes a 11 equipos.
  Os terreo de xogo de terra e a proximidade do mar da Ría de Arousa dificultaron o avance das billardas. Aínda así, houbo 2 varados (atravesar coa billarda a liña do varal dun só golpe). Un fíxoo Xoán Paulo, de LÚA DE FORZA e outro Pesto, de GHARABOTO. Palanadores cun gran golpe de saída.
SERGIO (CASILLEDÍN-Barrantes-Ribadumia)

 Despois das puntuacións alcanzadas nesta 7ª xornada, a clasificación de equipos segue encabezada por GHARABOTO (Marín), agora con tan só 3 ptos de vantaxe sobre CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Na terceira posición segue RINOCERONTE (Pontevedra) a 37 ptos da cabeza. Partían como favoritos ao título e estanse comportando de acordo con estas predicións. Na cuarta praza, a 92 do 1º posto aparece o actual campión da LNB, LÚA DE FORZA (Sanxenxo), que nas tres últimas xornadas tivo un rendemento alto e non quere renunciar aínda a defender o seu título. De todos os xeitos, pensamos que como moito poderán loitar pola 3ª praza.

  Na clasificación Absoluta Xan (LÚA), 150ptos, actual campión da LNB (coroceiro nacional), afianza a 1ª posición e distánciase algo máis de Luís (GHA), 143ptos, 2º clasificado, e de Ricar (COR) 133ptos, 3º. Por detrás destes, Álvaro (ZUM) 125 e Gelín (GHA) 116, tiveron unha boa actuación na xornada e manteñense alerta para aproveitar unha mala actuación de calquera dos que vai por riba deles.

TAXEIRO (VALPAÇOS TERRA QUENTE-Vigo)

  Bego (COR) segue firme na primeira posición na categoría feminina, seguida por Lu (COR), a 33 ptos de distancia. A 3ª posición é para Yudani (COR) que está a 38 ptos da segunda posición. As dúas primeiras prazas están moi lonxe para o resto de palanadoras, sobre todo pola entidade de Bego, actual Campioa LNB feminina e Lu, campioa LNB, hai dúas temporadas. Porén, onde está todo aberto é nesta 3ª posición, pois desde esta ata a novena praza hai soamente 19 ptos de diferencia.
  Na categoría infantil, Adrián (GHA) conseguíu ganar esta xornada con 14 ptos e presentarse como unha serie ameaza ao dominio abrumador de Juanma (LÚA), que avantaxa ao segundo clasificado Geno (COS) en 66 ptos. Geno tiveron unha actuación aceptable e continúa na segunda posición, 3ª é Adriana (VAL) e 4º Martiño (COS).

7ª XOR 6-12-2014 VILALONGA

PARTICIPACIÓN
76


MULLERES
26
HOMES
50


Oscar Canitrot                                                                                                                  





Magnífico escenario 
A TELLEIRA, 
en Vilalonga. 
Mar a un lado 









Oscar Canitrot                                                                                                         




e pola outra beira,
 o monte.














1º-XOÁN PAULO (LÚA)
2º-XAN (LÚA)
3º-SUSO (COR)















1ª-LU (COR)
2ª-BEGO (COR)
3ª-CHEFA (COS)















1º-ADRIÁN (GHA)
2º-JUANMA(LÚA)
3º-MARTIÑO (COS)

7ª XORNADA



Chegar a OS PASALES (DENA) unha vez alí, seguir pola beira do mar dirección Vilalonga (unha pista de terra). Estará sinalizado. 
TERREO DE XOGO de TERRA.

CRÓNICA 6ª XOR


O campo da festa de Castrelo é un lugar ideal para xogar billarda en terra, sen depender da climatoloxía, pois unha cuberta metálica impide que a choiva caia sobre a superficie de xogo.
   Así, a tarde do sábado 15 novembro disputouse a 6ª xornada LNB Rías Baixas. A participación foi de 67 xogadores/as que representaban a 11 equipos. 
  O 33% desta participación correspondéulle ao sexo feminino. Salientar a dificultade para conseguir varados cando a superficie de xogo é terra. Non houbo ningún varado na xornada. 
  Os resultados desta xornada fixeron que algunhas clasificación cambiaran nos primeiros postos. Deste xeito, a categoría de Equipos pasa a estar encabezada por GHARABOTO (Marín), que por 3ª xornada consecutiva consigue obter a vitoria na xornada. Agora, por vez primeira na temporada avantaxa a CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Ten 5 ptos máis que estes. O único equipo que segue a estes dous grandes favoritos para o título é RINOCERONTE (Pontevedra) que está a 24 ptos do primeiro posto. 

  Tamén, houbo cambio de líder na categoría Absoluta. A ausencia de Ricar (COR) favoreceu a Xan (LÚA), que conseguíu ganar a xornada e sumar 24 ptos, co cal se coloca primeiro. Ricar fóra líder durante as 5 primeiras xornadas. Luís (GHA) queda a só 2 ptos do primeiro posto, Ricar queda a 15 ptos e Álvaro (ZUM) a 19. Outros que obtiveron un bo feixe de ptos foron Che (RIN) e Gelín (GHA), que ocuparon o 3º e 2º posto na xornada, e con isto entran nos 10 primeiros postos.
  Na categoría feminina Lu (COR) conseguíu a máxima puntuación da xornada con 18 ptos e conserva o segundo posto xeral, aínda que máis cerca de Begoña (COR) que só obtivo 11. Agora, a distancia entre ambas é de 25 ptos. Yudani (COR) é terceira clasificada, Marga (GHA) cuarta e Monica (ZUM) quinta. 

  Juanma (LÚA) ganou na categoría Infantil conseguindo 22 ptos afianzando o seu liderado. Geno, segundo clasificado na xeral obtivo 2 ptos e conserva a segunda praza. Adriana (VAL) e Sofía (CAS) sitúanse a 5 e 7 ptos, respectivamente deste 2º posto. Sara (ZUM) e Martiño (COS) son os outros candidatos ao 2º e 3º posto, xa que se Juanma mantén a regularidade actual vai ser moi difícil que alguén se lle acerque, pode incluso optar á clasificación directa para o Play Off Nacional na categoría absoluta. Actualmente está no posto 12 da xeral absoluta.
  A clasificación de Varados non tivo modificación algunha. Sigue encabezada por Xoán (LÚA) e Luís Camiña (GHA), cada un con 3 varados. Deberemos esperar á chegada da choiva para utilizar pavillóns e aproveitar a superficie esvaradiza destes.
 

6ª xornada

PARTICIPACIÓN
67

MULLERES
22
HOMES
45




CATEGORÍA FEMININA
2ª-SOFÍA (CASILLEDÍN) 1ª-LU  (CORREDOIRAS RÍAS) 3ª-BEGO  (CORREDOIRAS RÍAS)

CATEGORÍA ABSOLUTA
3º-GELÍN (GHARABOTO) 1º-XAN (LÚA DE FORZA) 2º-LITO (CORREDOIRAS RÍAS)





CATEGORÍA INFANTIL
1º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
2ª-ADRIANA (VALPAÇOS TERRA QUENTE)
3º-GENO (CORREDOIRAS SUR)







CRÓNICA DA 5ª XORNADA

Nun día soleado e festividade de todos os santos celebrouse a 5ª xornada da LNB Conferencia Rías Baixas. Os Pasales (Dena) foi o lugar. Por vez primeira xogouse nuns campos de superficie mixta. Ou sexa, había un campo de terra-herba e dous de terra-herba-cemento. Esta particularidade dos terreos de xogo demostrounos que non hai barreiras para este deporte marabilloso chamado billarda. Ao mesmo tempo, ELENA xogou en cadeira con rodas por terceira xornada consecutiva, e obtivo a segunda praza na categoría feminina. O que nos fai pensar que tampou hai barreiras para quen ten reducida a súa mobilidade. 

Foto: Oscar Canitrot                                                                                                                                                                                 



Houbo 67 participantes, dos cales 26 foron mulleres e 41 homes. Isto significa que houbo un 39% de participación feminina. Ademais, participou por vez primeira o equipo BILLARDEIROS DA LARACHA (LARACHA-A CORUÑA). Esta xornada foi a primeira que se xogou co horario de inverno e serviunos para comprobar que se dispoñemos de 3 campos podemos celebrar as vindeiras xornadas invernais no exterior, sempre que a choiva o permita, xa que se tardou 2 horas en rematar a xornada. 

Foto: Oscar Canitrot                                                                                                       




Na categoría feminina, BEGO (COR) conseguíu 20 ptos o que a afianza na primeira praza, pois LU, do mesmo equipo, obtivo 8 ptos. Agora, a distancia entre as dúas é de 32 ptos. Na categoría infantil, JUANMA (LÚA) reafirma a súa candidatura a conseguir o título de Conferencia. Así, conseguíu 20 ptos e distánciase en 39 ptos de GENO, que non participou nesta xornada. Na categoría absoluta, o líder provisional, RICAR (COR), deixouse 8 ptos de vantaxe sobre LUÍS (GHA), e agora a distancia entre os dous está en 6 ptos a favor do primeiro. Na categoría de equipos, GHARABOTO volveu de Dena moi reforzado na súa recuperación. Sendo un dos equipos favoritos para o título, tanto o de Conferencia como o do PLAY OFF NACIONAL, empezou a temporada algo dubitativo, mais nas últimas dúas xornadas restou 20 ptos da distancia que tiña CORREDOIRAS RÍAS sobre eles/elas. Agora, unicamente 9 ptos separan a primeira posición  (COR) da segunda (GHA).


5ª xornada

2º XAN 1º LUÍS 3º CHE
2ª SOFÍA 1º JUANMA 3ª SARA
3ª NOELIA 2ª ELENA 1ª BEGO



PARTICIPACIÓN
67

MULLERES
26
HOMES 
41




CRÓNICA DA 4ª XORNADA MARÍN

PARTICIPACIÓN
78

MULLERES
21
HOMES
57


Absoluta

1º-RICAR (CORREDOIRAS RÍAS)
2º-LUÍS (GHARABOTO)
3º-XAN (LÚA DE FORZA)



Feminina
1ª-MARGA (GHARABOTO)
2ª-LU (CORREDOIRAS RÍAS)
3ª-MÓNICA (ZUME DE VIMBIA)


Infantil
1º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
2º-GENO (CORREDOIRAS SUR)
3º-MARTIÑO (CORREDOIRAS SUR)


Os resultados desta xornada fan que na clasificación absoluta RICAR manteña a distancia de 14 ptos co segunto posto que ocupa LUÍS. En canto á categoría de Equipos, GHARABOTO sube ao segundo posto, 2 ptos por diante de RINOCERONTE.  CORREDOIRAS RÍAS mantén a primeira praza, 18 ptos por diante do segundo clasificado. Na categoría feminina, LU e MARGA acercáronse a BEGO, pois nesta xornada as dúas anteriores conseguiron 9 ptos máis que a líder e actual campioa nacional. En canto aos cativos e cativas, JUANMA afiánzase no primeiro posto e presenta a súa candidatura firme a conseguir o título de conferencia esta temporada. A ausencia de BRAIS, campión nacional da disciplina, nestas 4 primeiras xornadas fai que o campionato quede algo aberto. Aínda que JUANMA ten certa vantaxe, 19 ptos sobre o segundo, apareceu no universo LNB infantil outro talento do Morrazo, GENO, que en só dúas xornadas xa se colocou 2º. A loita vai ser extraordinaria. Sen perder de vista a MARTIÑO, que está na 3ª posición e o seu xogo cada día é máis espectacular e efectivo.

Sucedeu un feito estatístico histórico na LNB. O sábado en Marín, foi conseguido o VARADO 2000 da LNB. Foi, CHE (Rinoceronte) que o logrou. Xa queda nos arquivos estatísticos da LNB. Na 10ª temporada da LNB entrou no varal dun só golpe unha billarda por dúas milésima vez.

CHE (Varado 2000)