billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
CRÓNICA 2ª XORNADA
Este ano a competición na categoría de EQUIPOS vai estar aínda máis disputada que a temporada anterior. Varias circunstancias contribúen a que se abriran as posibilidades de máis equipos para obter o título e as prazas para o PLAY OFF NACIONAL.
Primeira circunstancia, a decisión de CORREDOIRAS de facer 2 equipos, un competirá adscrito á CONSUR e outro á CONRIA.
Segunda circunstancia, que RINOCERONTE xa leva un ano máis de competición e os seus xogadores progresaron dun xeito extraordinario o nivel do seu xogo.
Terceira circunstancia, a mobilidade dalgún dos xogadores TOP DEZ que este ano están noutros equipos.
En definitiva, esta temporada vai ser moi difícil que se vexa o dominio aplastante das temporadas anteriores, primeiro con BATEAS, despois con CORREDOIRAS E GHARABOTO. A día de hoxe, ademais destes dous equipos, podemos afirmar que RINOCERONTE é un candidato moi fiable ao título. Despois estarían, nun segundo chanzo, ZUME DE VÍMBIA, LÚA DE FORZA, CORREDOIRAS SUR, CASILLEDÍN. Finalmente, están os equipos que traballan para conseguir máis xogadores e de momento non poden aspirar ás prazas de honor. Debemos destacar a VALPAÇOS TERRA QUENTE por ser o equipo onde as mulleres son maioría.
| Equipo | Total | 1 | 2 | ||
| CORREDOIRAS RÍAS | BUEU | COR | 163 | 90 | 73 |
| RINOCERONTE | PONTEVEDRA | RIN | 138 | 68 | 70 |
| GHARABOTO | MARÍN | GHA | 130 | 77 | 53 |
| ZUME DE VIMBIA | SANXENXO | ZUM | 108 | 53 | 55 |
| CORREDOIRAS SUR | BUEU | COS | 93 | 27 | 66 |
| LÚA DE FORZA | SANXENXO | LUA | 93 | 61 | 32 |
| CASILLEDIN | RIBADUMIA | CAS | 85 | 54 | 31 |
| OS DE TORRES | O GROVE | TOR | 73 | 45 | 28 |
| VALPAÇOS | VIGO | VAL | 72 | 40 | 32 |
| ANDARELA | MEAÑO | AND | 54 | 32 | 22 |
| FORTE | O GROVE | FOR | 32 | 32 |
2ª xor Campolongo (PONTEVEDRA) 20 SETEMBRO 2014
CRÓNICA
1ª xornada PARTICIPACIÓN 86. Unha tarde fabulosa para o comezo da LNB. Como campionato mundial que foi a 1ª xor da CONRIA, tivo a participación de palanadores e palanadoras de ITALIA, de INGLATERRA, da LARACHA, GUINEA-BISSAU e de GALICIA. Os demais países do planeta non enviaron representantes.
Antes do comezo da xornada acordouse, por maioría, que o sistema de puntuación para esta temporada será o de dar puntos segundo se vai entrando (5-4-3-2-1-0), se despois de 4 golpes non se deron todos os puntos, otorgaranse por proximidade á liña de entrada no varal.
1ª XORNADA RESULTADOS
PARTICIPACIÓN
86
HOMES 62
MULLERES 25
ABSOLUTA
1º-RICAR (CORREDOIRAS RÍAS)
2º-LUÍS (GHARABOTO)
3º-CHICHO (LÚA DE FORZA)
FEMININA
1ª-BEGOÑA (CORREDORIAS RÍAS)
2ª-VANESSA FARIÑA (GHARABOTO)
3ª-ESRA (ANDARELA)
![]() |
| 2ª-VANESSA 2º-LUÍS 1º-RICAR 1ª-BEGO |
INFANTIL
1º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
2ª-SARA (ZUME DE VIMBIA)
3ª-ADRIANA (VALPAÇOS TERRA QUENTE)
1ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
1ª XORNADA
SISTEMA DE COMPETICIÓN: 5 carreiras en grupos (todos os participantes)
Consensuado e acordado por unanimidade na reunión do 13-7-2014 (Vilalonga)
SISTEMA DE PUNTUACIÓN ACTUAL: 5-4-3-2-1-0 ptos (por orde de entrada no varal ou, se non se entra, por proximidade).
SISTEMA DE PUNTUACIÓN NOVO (proposta): 1golpe-5ptos 2golpes-4ptos 3golpes-3ptos 4golpes-2ptos. Se non se entra 1pto.
O sábado antes de empezar o sorteo de grupos decidirase que sistema de puntuación utilizaremos esta temporada. Despois da exposición dos sistemas e do debate conseguinte, votarase para tomar a decisión. Cada equipo un voto.
TEMPORADA 2014-2014 CONFERENCIA RÍAS BAIXAS LNB
SISTEMA DE COMPETICIÓN: 5 carreiras en grupos (todos os participantes)
Consensuado e acordado por unanimidade na reunión do 13-7-2014 (Vilalonga)
SISTEMA DE PUNTUACIÓN ACTUAL: 5-4-3-2-1-0 ptos (por orde de entrada no varal ou, se non se entra, por proximidade).
SISTEMA DE PUNTUACIÓN NOVO (proposta): 1golpe-5ptos 2golpes-4ptos 3golpes-3ptos 4golpes-2ptos. Se non se entra 1pto.
O sábado antes de empezar o sorteo de grupos decidirase que sistema de puntuación utilizaremos esta temporada. Despois da exposición dos sistemas e do debate conseguinte, votarase para tomar a decisión. Cada equipo un voto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








