billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

RESUME TEMPORADA 2013-2014




Participación
TOTAL 216



homes 158 73%
mulleres 58 27%




15 foron os equipos que participaron en alguna xornada da conferencia RÍAS BAIXAS. 6 equipos fixérono dun xeito puntual e 9 de maneira permanente.
Equipo
CORREDOIRAS BUEU
LÚA DE FORZA SANXENXO
GHARABOTO MARÍN
RINOCERONTES PONTEVEDRA
ZUME DE VIMBIA SANXENXO
CASILLEDIN RIBADUMIA
OS DE TORRES O GROVE
VALPAÇOS VIGO
ANDARELA MEAÑO
BILLARDEIROS RIBADEO
ALMUINHA MARÍN
DIGROLAC O GROVE
PAQUETE PINCHAS O PORRIÑO
BASTOS O GROVE
FORTE O GROVE





CLASIFICACIÓNS

                Individual absoluta
1 RICAR COR 307
2 ALVARO ZUM 302
3 ALBINO LÚA 299




                Individual feminina
1 BEGOÑA COR 262
2 LU COR 231
3 ELENA GHA 203




          Individual infantil
BRAIS COR 200
JUANMA LÚA 147
YUDANI COR 125




                           EQUIPOS
CORREDOIRAS BUEU COR 1404
LÚA DE FORZA SANXENXO LUA 1367
GHARABOTO MARÍN GHA 1317



            VARADOS
ÁLVARO ZUM 15
LUÍS GHA 14
XAN LUA 11


CRITERIOS DE DESEMPATE

 
 
 
Na última xornada decidiranse os postos do podio da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2014 ademáis dalgún posto para representarnos no PLAY OFF NACIONAL 2014. Daquela, contemplando a probabilidade alta de que haxa algún empate na clasificación final, este será o criterio para desempatar:
 
Categorías ABSOLUTA-FEMININA-INFANTIL
-algún empate nos postos que van do 1º ao 4º será desempatado a unha carreira. Sortearase quen comenza.
 
-algún empate para o último posto de clasificación para o PLAY OFF NACIONAL. Desempatarase a unha carreira. Sortearase quen comenza.
 
Categoría de VARADOS
-algún empate para o último posto de clasificación desempatarase a un golpe entre os implicados no empate. Sortearase quen comenza.
 
 
Para solucionar a cuestión clasificatoria final en todos os demais empates considerarase como criterio de desempate a mellor puntuación obtida nas xornadas.

GALA DA BILLARDA 2014


15ª XOR 10 maio MEIS (Paradela)

PARTICIPACIÓN
65


21 MULLERES
44 HOMES


A BILLARDA (un anaco da nosa cultura) estará conservada e valorada cando estes nenos e nenas medren.



CATEGORÍA FEMININA 2ªCHEFA 1ªLU 3ªVANESSA

INFANTIL 1ªYU 2ªADRIANA 3ªLUCÍA

INFANTIL 2ºMARTIÑO 1ºJUANMA 3ºADRIAN
 

ABSOLUTA 3ºBRAIS 1ªBEGO 2ºALBINO



15ª xornada

NANUQ é o neno que aparece na foto do cartel. Cris e Belén son os seus proxenitores e xogan no equipo RINOCERONTES. A NANUQ foille detectado un tumor maligno nun ollo a principios de abril. Entón, está seguindo un tratamento médico en Madrid, para o cal deben desprazarse cada certo tempo. A LNB Conferencia Rías Baixas quere axudar á familia, daquela, o sábado poderase doar a cantidade de cartos que cada quen teña a ben, e ao finalizar a xornada entregarémoslle a cantidade acumulada aos seus pais.
 

ANÁLISE DAS ESTATÍSTICAS CONFERENCIA RÍAS BAIXAS




RECORD LNB DE VARADOS NUNHA XORNADA 

41 
13ª-XOR (MOURENTE-PONTEVEDRA)
5 ABRIL 2014




CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL ABSOLUTA
                       TÍTULO
Nome EQU TOT
ALVARO ZUM 262
RICAR COR 260
DANIEL RIN 260
XAN LÚA 254
ALBINO LÚA 248
SUSO GHA 247
LUÍS GHA 238
LUÍS CAMIÑA GHA 221

Faltan 2 xornadas de liga, ou sexa, 30 ptos en xogo, e estes son os candidatos ao título. Entre os 3 primeiros só 2 ptos de distancia. Máxima emoción, e se non chove o 10 de maio xogaremos en herba-terra, co cal aqueles que mellor golpeo aéreo teñan terán vantaxe. Na última xornada, o 24 de maio, xogarase en baldosas de cemento, na praza do mar de Sanxenxo. Polo tanto, quen chegará mellor a esas dúas xornadas?



CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL ABSOLUTA
                       PLAY OFF 2014
7 LUÍS CAMIÑA GHA 221
8 GINÉS LÚA 211
9 ANDRES LÚA 202
10 CRISTIAN GHA 196
11 GELÍN GHA 193
12 ELENA GHA 181
13 LUÍS RINO RIN 178
14 TAXEIRO VAL 177
15 MANOLO FARIÑA CAS 176
16 XAVI GHA 175
17 JUANMA RINO RIN 173
18 CHICHO LÚA 168
18 CRIS RIN 168
20 LUÍS AGRASO LÚA 165

GERARDO TORRES TOR 162

LUIS GON GHA 159

RICARDO LOIS TOR 145

CHE RIN 141

 
Os postos que dan dereito a participar no PLAY OFF NACIONAL 2014 (25 maio) están asegurados matemáticamente para os 6 primeiros, o resto deben ganarse ese dereito nas 2 xornadas que faltan. Evidentemente, podereiamos afirmar coas probabilidades estatísticas na man que Gelín, Cristian, Andrés, Ginés  (214 en vez dos 211 que aparecen arriba) e Luís Camiña están practicamente clasificados. O resto deben loitar ata a última xornada. Desde Elena, 12ª, ata Manolo Fariña, 15º, e primeiro que está fóra dos postos que clasifican para o PLAY OFF, hai 5 ptos de distancia. Ao mesmo tempo, desde Luís Gon ata Taxeiro, que marca o último posto de PLAY OFF, hai tan só 18 ptos, polo tanto a loita por estes postos está demasiado interesante como para perderse algunha xornada.



CLASIFICACIÓN FEMININA
                TÍTULO
BEGOÑA COR 219
LU COR 205
ELENA GHA 181
CHEFA COR 167

 O título feminino estará entre estas catro palanadoras. Porén, Chefa ten poucas opcións, pois debería ganar as 2 xornadas que faltan e esperar que as demais non pasen de 4 ptos. Elena tamén o ten difícil, pois debería recuperarlle 38 ptos a Begoña en 2 xornadas. Polo tanto, cremos que o título vanno disputar entre Begoña e Lu. Esta última debe recuperarlle 14 ptos.



CLASIFICACIÓN FEMININA
                PLAY OFF
1 ELENA GHA 181
2 BELMIRA VAL 136
3 NOELIA ZUM 114
4 MÓNICA ZUM 101
5 MARGA GHA 87
6 VANESSA FARIÑA GHA 83
7 VANESA REXENXO LÚA 69
8 OLALLA RIN 59
9 ANA GHA 56
9 CHELI GHA 56

CASILDA CAS 54

ADRIANA VAL 45

SOFÍA CAS 38

LAURA ZUM 31

TANIA VAL 30

SARA ZUM 24

LAURA RINO RIN 20

PATRICIA OUBIÑA CAS 20

Sen dúbida que o nivel feminino na nosa conferencia dou un brinco de calidade fantástico. As 9 prazas con dereito ao PLAY OFF están aseguradas practicamente ata Vanessa Fariña, con 83 ptos. De momento o último posto está compartido por Ana e Cheli. O resto das prazas están abertas a posibles remontadas de Casilda, Adriana e Sofía. Esta última xogou menos da mitade das xornadas e aínda así está a 18 ptos da clasificación.



CLASIFICACIÓN INFANTIL
                TÍTULO
BRAIS COR 171
JUANMA LÚA 123
YUDANI COR 118

O título infantil está practicamente decidido, xa que Brais lévalle 38 ptos a Yudani e 43 a Juanma. Aínda que sempre hai unha luz de esperanza. Deste xeito, Juanma nas 2 últimas xornadas que disputou sumou 32 ptos. Non sería inimaxinable que volvese a repetir as súas actuación e incluso superalas, polo tanto, Brais non debe descoidarse. Yudani tamén é capaz de sumar 18 ptos, como o fixo nas xornadas 13 e 7.



CLASIFICACIÓN VARADOS
                PLAY OFF
1 ÁLVARO ZUM 15
2 LUÍS GHA 13
3 XAN LUA 11
4 CRISTIAN GHA 10
5 GINÉS LUA 9
5 RICAR COR 9

DANIEL RIN 8

CHE RIN 7

ANDRÉS LUA 7

LUIS GON GHA 6

SUSO GHA 5

Os 5 postos que dan dereito a participar no PLAY OFF, categoría VARADOS, aínda están no aire. Ben certo que Álvaro e Luís parece que teñen asegurado o posto. O último posto é o máis disputado, pois está compartido por Ginés e Ricar, con 9 varados. Daniel ten só un menos e Che e Andrés 2 menos. De todos os xeitos, dependerá do clima que teñan opcións estes palanadores de alcanzar algunha das prazas de PLAY OFF. Se chove o 10 de maio teremos que xogar en pista de pavillón, máis curta e máis rápida. Se non chove será difícil facer varados. Na última xornada pode que haxa varados, tanto se xogamos en pavillón como no exterior, pois é baldosa de cemento.



CLASIFICACIÓN EQUIPOS
        TÍTULO e PLAY OFF
CORREDOIRAS BUEU COR 1231
LÚA DE FORZA SANXENXO LUA 1192
GHARABOTO MARÍN GHA 1165
RINOCERONTES PONTEVEDRA RIN 911

 A clasificación de equipos dou un pinchacarneiro inesperado nas últimas 4 xornadas, pois ninguén dubida da fortaleza de LÚA DE FORZA (1190 ptos en vez dos 1192 que aparecen arriba), pero non podiamos imaxinar que fora quen de superar a GHARABOTO, e mesmo de ameazar, aínda que de lonxe, a CORREDOIRAS. De todos os xeitos o único que está decidido son as dúas prazas de PLAY OFF, que serán para LÚA DE FORZA e GHARABOTO. O título de conferencia, así como, os lugares do podio decidiranse nas 2 derradeiras xornadas. Salientable a actuación de RINOCERONTES que foi o único equipo que seguiu a marcha dos grandes transatlánticos da CONRÍA e que pode alcanzar os 1000 ptos ao final da liga.






































14ª xor POIO 19 abril 2014

PARTICIPACIÓN
73
 
MULLERES 21
HOMES 52




2ªSOFÍA (CAS) 1ºJUANMA (LÚA) 3ºELIAS (CAS)

IAN-LIAM-AKI-SARA-XAINZA-ANDRES-GERARDO-LUCÍA-JUANMA-ADRIANA-ELIAS-MARTIÑO

 
 
3ºANDRÉS (LÚA) 1ºDANIEL (RIN) 2ºALBINO (LÚA)