Nas instalacións deportivas do CASINO MERCANTIL tamén hai zonas de recreo para nenos e nenas, ademais dunha cafetería. O día 5 de abril teñen un menú especial para xogadores e xogadoras de billarda.
billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
12ª XOR COTOBADE 22-3-2014
PARTICIPACIÓN
74
HOMES
56
MULLERES
18
INFANTIL
10
![]() |
| COTOBADE (PONTEVEDRA). Un novo concello ao que chegou a LNB. |
CATEGORÍA ABSOLUTA
![]() |
| 3º-CHE 1º-ALBINO 2ª-BEGO (JORGE CUBELA, Alcalde de COTOBADE) |
![]() |
| 1º ALBINO (LÚA DE FORZA) |
![]() |
| 2ª BEGO (CORREDOIRAS) |
![]() |
| 3º CHE (RINOCERONTES) |
CATEGORÍA FEMININA
![]() |
| 2ª ANA (GHARABOTO) 1ª BEGO (CORREDOIRAS) 2ª LU (CORREDOIRAS) |
18 PARTICIPANTES
CATEGORÍA INFANTIL
![]() |
| 1º JUANMA (LÚA DE FORZA) |
![]() |
| 2º BRAIS (CORREDOIRAS) |
![]() |
| 3º ÁLVARO SOUTULLO (LÚA DE FORZA) |
10 PARTICIPANTES
As clasificacións actualizadas sairán mañá martes ás 15 horas
11ª XOR 8-3-2014 FIGUEIRIDO (VILABOA)
PARTICIPACIÓN
69
MULLERES
23
HOMES
46
![]() |
| 1º INFANTIL ADRIÁN AGRASO (LÚA) |
![]() |
| 1ª FEMININA BEGOÑA (COR) |
![]() |
| ESTEVO-CHE-MARTINA-MOITAL-OLALLA-LAURA |
Houbo 7 palanadores (4 homes e 3 mulleres) que xogaron por vez primeira na LNB. 5 foron do equipo CASILLEDÍN (Barrantes), dos cales catro son da categoría INFANTIL, e 2 do equipo RINOCERONTE (Pontevedra). Así, de momento xogaron na nosa conferencia 196 persoas. Fantástico.
1º- XAVI (GHA)
2º- XAN (LÚA)
3º- FILIPE (ZUM)
Ademais, ao finalizar a xornada houbo un xuntanza onde se falaron aspectos relacionados co PLAY OFF NACIONAL 2014. O que se falou aquí será compartido co resto de conferencias LNB, na xuntanza do día 15 marzo durante o ALL STARS 2014, en Carballo.
ACTA
Xuntanza
conxunta equipos LNB das Conferencias
RÍAS
BAIXAS e SUR
En Figueirido, parroquia de Vilaboa,
provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo
de 2014 (Día
Internacional da Muller Traballadora e Billardeira),
ven de celebrarse una xuntanza
conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, ós
efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas
nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A
Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars
2014
Equipos
representados:
- GHARABOTO
- LÚA DE FORZA
- ZUME DE VIMBIA
- CORREDOIRAS
- RINOCERONTE
- ANDARELA
- VALPAÇOS
- OS DE TORRES
- CASELLEDÍN
Temas
a expoñer:
- Número de clasificados por conferencia para o play off nacional
- Posibilidade de establecer a categoría Infantil
- Outros que puideran xurdir
- NÚMERO DE CLASIFICADOS POR CONFERENCIA
Tendo en conta a grande diferenza que
existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para
esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados,
estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha
praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito
chegaríase aos 80 palanadores na final.
A saber: 6 Conferencias (contando
Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que
engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo
que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a
maiores polas Conferencias con máis participantes.
Deberíase ter en conta a confirmación de
Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían
máis vacantes a cubrir.
Proposta acadada por maioría.
- CATEGORÍA INFANTIL
Tamén por maioría disponse propoñer a
creación da categoría
Infantil, cun número de
participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada
matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da
xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar
coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma
configuración.
- Outras propostas acadadas por maioría
- Incremento do número de participantes da categoría Feminina
Dado o grande incremento da participación
feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a
6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun
xeito proporcional tendo en conta a súa participación por
Conferencia)
- Xogadores inactivos fichados para a final
Proponse que se estableza expresamente se
algún palanador que non tivese participación algunha durante a
tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.
- Alternativas ao lugar designado para o Play Off final
Aos efectos de facer máis participativas
a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da
billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería
establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do
mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como
de agasallos.
Sen mais, remátase o acto cando son as
20:00 horas.
11ª xornada SÁBADO 8-3-2014
O 8 de marzo despois da 11ª xornada de Figueirido (VILABOA) haberá unha reunión de PREPARACIÓN DA XUNTANZA LNB 15 MARZO, ALL
STARS 2014, CARBALLO.
- Conveniencia de elexir uns representantes LNB en cada conferencia.
- PLAY OFF.
- Lugar?
- Conveniencia do cambio de data. O 26 maio son as eleccións europeas.
- Pertinencia de establecer a categoría infantil.
- Nº de finalistas en cada categoría. (Actualmente: 64 absoluta 25 feminina 25 varados)
- Nº de prazas por conferencia. Segundo o número de participantes nesa conferencia?
- Conferencia Cadiz. Nº de prazas?
- Organización durante o PLAY OFF. Persoas de cada conferencia, sistema de competición.
- Premios. Quen se encarga de conseguilos?
- Outros asuntos de interese.
10ª XOR BARRANTES 2 FEBREIRO 2014
PARTICIPACIÓN
75
51 HOMES
24 MULLERES
ABSOLUTA
1º-LITO (CORRECOIRAS)
2º-ALVARO (ZUME DE VIMBIA)
3º-ANDRÉS (LÚA DE FORZA)
FEMININA
1ª-ELENA (GHARABOTO)
2ª-LU (CORREDOIRAS)
3ª-MARGA (GHARABOTO)
INFANTIL
1º-BRAIS (CORREDOIRAS)
2º-ELIAS (CASILLEDÍN)
3ª-YUDANI (CORREDOIRAS)
Récord LNB
O pasado 1 de febreiro estableceuse un récord absoluto de número de varados nunha xornada de LNB. Foi no pavillón de Meira (Lugo). 43°13′0″N 7°16′59″W. Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2010 tiña 1.787 habitantes.
Os datos da competición foron os seguintes: a superficie de xogo moi rápida, o nº de participantes 66, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 483m.
Sábado 15 febrero. Barrantes (Ribadumia). 42°29′40″N 08°45′45″W. Santo André de Barrantes é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 1.410 habitantes.
Os datos da competición son os seguintes: a superficie de xogo moi rápida, o nº de participantes, aproximadamente 70, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 15m.
Seremos quen de superar eses 36 varados?
Os datos coinciden, e amais ao nivel do mar prodúcense as mellores marcas deportivas.
Todo está ao noso favor.
10ª XORNADA 15-2-2014 BARRANTES
BARRANTES
RIBADUMIA
PONTEVEDRA
Por segundo ano consecutivo, pretendendo facelo tradición definitivamente, antes da xornada temos planeado un churrasquiño no mesmo furancho do ano pasado. Está aberto a todo o que queira vir e traia 15 euros para pagar a súa parte.
Para apuntarse na comida terían que chamar a este num 637 564 377 antes do xoves 13 as 23:00
9ª XORNADA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















