billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
3ª xornada 5 OUTUBRO Dorrón-Sanxenxo
PARTICIPACIÓN
71
49 HOMES
22 MULLERES
INFANTIL
9
3 PÍCARAS
6 PÍCAROS
FANTÁSTICO VÍDEO DA XORNADA 3ª
ABS.
1º-L CAMIÑA (GHARABOTO)
2º-GINÉS (LÚA DE FORZA)
3º-ÁLVARO (ZUME DE VIMBIA)
FEM.
1ª-GENI (BILLARDEIROS MUSICAIS)
2ª-CHEFA (CORREDOIRAS)
3ª-LU (CORREDOIRAS)
INF.
1º-BRAIS (CORREDOIRAS)
2º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
3ª-YUDANI (CORREDOIRAS)
Despois da 3ª xornada a clasificación absoluta está encabezada por LUÍS AGRASO (LÚA), LUÍS (GHA) a 3 ptos
e DANIEL (RIN) a 5 ptos. Salientar que tanto L. AGRASO como DANIEL son palanadores que non contaban nos pronósticos iniciais, tendo en conta o historial LNB. Estes dous xogadores xunto con LUÍS RINO (RIN) e ÁLVARO (ZUM) que están dentro das 12 prazas de PLAY-OFF, son os únicos que non se clasificaron o ano anterior, uns por non conseguilo e outros porque non xogaban. Ou sexa, hai renovación de talentos. O resto das prazas está ocupado por palanadores que podemos calificar de favoritos para levarse o título de Conferencia.
Por equipos LÚA DE FORZA colócase ao fronte da clasificación con só un pto. de vantaxe sobre GHARABOTO. Evidentemente, as novas incorporación de GINÉS, ANDRÉS, ÁLBINO, L. AGRASO e ADRIAN AGRASO potenciaron moito a LÚA e fixérono máis competitivo que o ano pasado no cal non estiveron nunca cerca das dúas primeiras prazas. Aínda así, os favoritos seguen sendo CORREDOIRAS (actuáis campións de CONFERENCIA) e GHARABOTO. Sen esquecer que dous novatos como RINOCERONTE e ZUME DE VIMBIA empezan a puntuar entre os 24 primeiros.
Na categoría feminina CHEFA (COR) sitúase en primeiro lugar, por diante de BELMIRA (VAL), a 9 ptos. O interesante é que a de Bueu distánciase de 3 das grandes favoritas ao título. Así, LU (COR) está a 24 ptos, ELENA (GHA) e BEGOÑA (COR) están a 26. As prazas para o PLAY-OFF están abertas a moitas palanadoras, xa que o 5º posto con dereito a clasificación está compartido por LAURA (ZUM) e MÓNICA (ZUM) con 14 ptos, e por detrás delas veñen VANE REXENXO a 1 pto, NOELIA (ZUM) e VANESSA FARIÑA (GHA) a 2 ptos. Despois están a 4 ptos LAURA RINO, e a 5 ptos FLORA (LÚA), OLALLA (RIN) e ANA MADRID (CAS).
Entre os infantís BRAIS (COR), o actual campión, achegouse ao primeiro posto... para non deixalo máis? Será así se llo permiten YUDANI (COR), ADRIÁN (LÚA), JUANMA (LÚA )e MARTIÑO (COR), que son os rivais máis serios que ten.
En definitiva, estamos na 3ª das 16 xornadas e estas tendencias haberá que confirmalas nestas próximas datas da primeira volta, nas que o frío e a humidade, e por suposto a choiva, farán que teñamos que utilizar pavillóns. Como afectará o cambio de superficie ás deportistas e aos deportistas? Verémolo e contarémolo.
3ª XORNADA SÁBADO 5 OUTUBRO
INSCRICIÓN
15:30 do sábado 5 outubro (no terreo de xogo)
ata as 12:h do sábado 5 outubro (ecobateas@gmail.com)
SORTEO
15:45
COMEZO
16:00
2ª xornada
Equipo de CORREDOIRAS que competiu o sábado na 2ª xornada da Conferencia RÍAS BAIXAS da LNB.
O campión da temporada pasada na categoría de equipos ocupa a 3ª praza con 165 pts, por detrás de GHARABOTO 187 ptos, e de LÚA DE FORZA 182 ptos. Será cousa de tres este ano, ou dous dos novos equipos poderán acercarse ás prestacións dos tres grandes da nosa conferencia? Estamos falando de RINOCERONTE 110 ptos, e de ZUME DE VIMBIA 83 ptos. Verémolo nas próximas xornadas.
Na Categoría Infantil parece que este ano hai máis candidatos ao título. Así como o ano pasado BRAIS non tivo rival que se lle acercara a partir do ecuador da liga, este ano, despois de 2 xornadas YUDANI encabeza con 29 ptos, seguida de ADRIAN AGRASO con 23 ptos, BRAIS con 15 ptos, BORJA con 14 ptos, MARTIÑO con 13 ptos e JUANMA con 12 ptos. IZAN con 4 pto, ADRIANA con 3 ptos e SARA con 2 ptos son competidores e competidoras que siguen a súa progresión. Todos estes rapaces e rapazas continúan mellorando, e teñen un referente claro en XAVI, que pasou pola categoría infantil os dous anos anteriores e hoxe xa compite cos maiores a un enorme nivel de rendemento.
Na Categoría Feminina o nivel das participantes é moi alto. Este ano poderiamos nomear ata 10 mulleres con opcións de título na súa categoría, e 5 con posibilidades de título na absoluta. BELMIRA 35 ptos, CHEFA 34 ptos, YUDANI 29 ptos, ELENA 16 ptos, e ANA 14 ptos ocupan os 5 primeiros postos. Estamos vendo a progresión fantástica destas deportistas que coa práctica da billarda van coñecendo os límites do seu corpo. A mellora das destrezas é algo que axuda a sentirse vivo, a sentirse viva.
Na Categoría Absoluta, tamén se prevé unha emocionante competición, pois entre o primeiro clasificado XAN 46 ptos e o que ocupa a última praza que dá dereito a participar no PLAY OFF nacional 2014, LUISGON 32 ptos, hai 12 puntos de distancia. LUÍS 45 ptos, LUÍS AGRASO 44 ptos, CAROLO 42 ptos e RICAR 42 ptos completan as 5 primeiras posicións.
XAVI que empezou a xogar desde que se creou a conferencia (2011) e compatibiliza a práctica doutros deportes é un exemplo que demostra que este deporte da billarda ofrece aos rapaces e rapazas a posibilidade de divertirse ao tempo que potencian as súas cualidades psicomotrices. Primeira victoria nunha xornada de liga de XAVI (GHARABOTO), que este ano xa participa na categoría absoluta.
Pódense consultar as actas desta xornada. ACTAS da 1ª FASE. ACTAS da 2ª FASE (etiquetas á dereita)
LISTAXE ENVIADA POR CORREDOIRAS
CLUBE DE ATLETISMO
“CORREDOIRAS”
Pavillón
dos deportes
R/
Staffan Mörling, s/n
36930
- BUEU – GALIZA
C.I.F.
G-36266930
E-mail:
corredoiras_bueu@yahoo.es
ADSCRIPCIÓN XOGADORES/AS DO CLUBE.
TEMPORADA 13-14
|
|
CONRIAS
|
|
Salvador Torres Lorenzo
|
CONSUR
|
|
Xavier Fariña
|
CONSUR
|
|
Manuel Outeiro
|
CONSUR
|
|
Chefa Ruíz
|
CONSUR
|
|
Begoña
|
CONSUR
|
|
Yudani Verde
|
CONSUR
|
|
Brais Gómez
|
CONSUR
|
|
Manuel Castro
|
CONSUR
|
|
Martiño Castro
|
CONSUR
|
|
Juan Moital
|
CONSUR
|
|
|
CONSUR
|
|
Lú Torres
|
CONSUR
|
|
Lito Iglesias
|
CONSUR
|
|
Benito
|
CONSUR
|
|
|
|
Modelo de listaxe do equipo Corredoiras
2ª XORNADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 21 setembro
A
2ª XORNADA DA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS, que organiza ZUME DE VIMBIA, xogarase na PRAZA DO MAR
(SANXENXO). No calendario estaba previsto xogar en Bordóns, pero tendo
en conta que alí só dispoñemos de dúas pistas de xogo e que o número de
participantes podería ser moi elevado, fixemos as xestións co Concello
de Sanxenxo para utilizar esta nova ubicación no centro da vila, ao lado
do Real Clube Náutico.
16:00 Inscrición.
16:15
Sorteo.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





