billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
TAB fin de semana
SISTEMA E REGULAMENTO DE COMPETICIÓN 2013-2014
Xa se poden consultar o sistema de competición e máis o regulamento 2013-2014. O día 7 de setembro comeza a nova temporada. Falta un mes e 6 días. Será tempo suficiente para lelo e entendelo?
Calquera dúbida que teñades facédenola chegar. Grazas.
TAB BORDÓNS 27 XULLO FOTOS
PARTICIPANTES 46
MULLERES 18
HOMES 28
INFANTIL 9
ABSOLUTA A
1º SUSO
2º XAN
3º LUIS CAMIÑA
ABSOLUTA B
1º JM CAMIÑA
2º MOITAL
3º DANI
FEMININA A
1ª ELENA
2ª BEGOÑA
3ª MONICA
FEMININA B
1ª MARGA
2ª BELMIRA
3ª OLAIA
INFANTIL
1º JUANMA
2ª ADRIANA
3ª YUDANI
![]() |
| ADRIANA |
![]() |
| CRIS |
![]() |
| LITO |
![]() |
| LUCIENE |
![]() |
| MARGA |
![]() |
| AKI |
![]() |
| JUANMA |
![]() |
| NEVES |
![]() |
| SOFÍA |
![]() | ||
| XAÍNZA |
TEMPORADA 2013-2014 LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
Coa asistencia de 17 persoas representando a 7 equipos tivo lugar, o
domingo 21 xullo ás 12 horas, a reunión de coordinación da temporada
2013-2014 LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS.
Chegouse a estes acordos:
1-O sistema de competición será o seguinte: 1ª fase de grupos (ata 63 participantes 6 grupos, 64 e máis participantes 8 grupos). 2ª fase enfrontamentos individuais (do 1º ao 24º), en grupos
(25º en adiante). Isto supón 7 carreiras para os postos do 1º ao 24º e 6
carreiras para os demais. Cando se dea o caso seguinte: 2 pistas e 8
grupos, reducirase o número de carreiras.
2-Cando se inicie a xornada cada xogador/a deberá estar atenta/o á súa
quenda. Chamarase 3 veces polo seu nome, se non se presenta para xogar,
pasarase ao seguinte competidor/a e xa non poderá dar o golpe que lle
correspondería. Ou sexa, tería que esperar a súa quenda no golpe
seguinte.
3-Os equipos estarán formados por un número indifinido de xogadores/as.
Sumarán puntos para a clasificación de equipos as 4 mellores puntuacións
de cada un deles. Na primeira xornada na que participe o equipo ou o
palanador/a deberá indicar explicitamente a súa adscrición á CONRIA (o
cal significará que terá dereito a optar ás prazas para participar no
PLAY OFF NACIONAL LNB).
4-Estableceranse estas clasificacións: INDIVIDUAL ABSOLUTA-MASCULINA-FEMININA-INFANTIL-EQUIPOS-VARADOS.
5-O equipo que organice cada xornada decidirá se dar premios, e decidirá tamén que categorías establece para dar eses premios.
6-Na clasificación INFANTIL estarán aquelas xogadoras e xogadores que
teñan 13 anos ou menos a día 7 de setembro de 2013 (1ª xornada
2013-2014).
7-A inscrición e comezo das xornadas será do xeito seguinte: 30 minutos
antes da hora fixada para o comezo procederase a inscribir aos
participantes. O delegado/a deberá presentar o listado do seu equipo
antes deses 30 minutos. 15 minutos antes iniciarase o sorteo. Unha vez
comezado este todo palanador e palanadora que se anote pasará
directamente á 2ª fase.
8-Cada equipo deberá designar un delegado/a que se encargará da
inscrición. Así mesmo, cada equipo deberá ter unha ou varias persoas
preparadas para facer de xuíz de pista ou de varado.
De momento estes son os equipos que confirmaron a súa participación:
ANDARELA
CASILLEDÍN
GHARABOTO
LÚA DE FORZA
RINOCERONTE
VALPAÇOS TERRA QUENTE
ZUME DE VIMBIA
CORREDOIRAS
PRÓXIMA TEMPORADA LNB CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2013-2014
O domingo 21 xullo houbo
unha reunión da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS co obxectivo de coordinarse
para organizar a temporada 2013-2014. Os acordos aos que se chegou
serán publicados o venres 26 xullo antes das 15
horas.
Acudiron 17 persoas representando a 7 equipos. De momento, confirmaron a súa participación para a próxima temporada LNB CONRIA:
GHARABOTO (MARÍN)
LÚA DE FORZA (SANXENXO)
CASILLEDÍN (RIBADUMIA)
ANDARELA (MEAÑO)
VALPAÇOS TERRA QUENTE (VIGO)
ZUME DE VIMBIA (SANXENXO)
RINOCERONTE (PONTEVEDRA)
CORREDOIRAS (BUEU) Este equipo non estará adscrito á nosa conferencia, entón non poderá optar ás prazas para disputar o PLAY OFF NACIONAL, pero participará con todos os demais dereitos.
TAB de verán
LUGAR: Pistas polideportivas de Bordóns. Dirección igrexa parroquial e despois seguir os indicadores da LNB.
COMEZA A PRETEMPORADA 2013-2014
REUNIÓN
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
(AVALIACIÓN
DA TEMPORADA 2012-2013 PLANIFICACIÓN DA TEMPORADA 2013-2014)
21 XULLO VILALONGA
(SANXENXO)
12:00
Campo de fútbol Vilalonga
ORDE DO DÍA
-SISTEMA DE COMPETICIÓN
-CALENDARIO
-EQUIPOS
-CATEGORÍAS
-REGULAMENTO
-REPRESENTANTES LNB
-OUTROS TEMAS
A orde do día está aberta a debate. Ou sexa, aparecen aquí algúns temas sobre os que temos que debatir e chegar a acordos para o funcionamento da nosa conferencia para o 2013-2014. Hai outros temas que non aparecen aquí pero que poden aparecer. Entón, ata o mércores 17 todos os equipos e persoas poden suxerir temas de debate. Deste xeito, o xoves 18 xullo publicaremos a orde do día definitiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















