billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

EQUIPOS















Aquí temos a maior parte dos equipos que xogan na CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. LNB. Fáltannos fotos de algún dos integrantes de CASILLEDÍN (son moitos de noso señor e de nosa señora).
Iván Casal (LÚA DE FORZA)

Santiago (VILALONGA)

Patricio (VILALONGA)

Adrián (A ESMORGA)

Yudani (CORREDOIRAS)

Juanma (LÚA DE FORZA)

Mario (LÚA DE FORZA)

Martiño (CORREDOIRAS)

Breixo (CASILLEDÍN)

Sara (ANDARELA)

Izan (LÚA DE FORZA




 Vemos as fotos dos participantes máis novos da nosa conferencia que xogaron na última xornada en Vilalonga. Absolutamente, si. Si hai relevo xeracional. Podemos estar seguros que este deporte madurará nos pavillóns e nos patios de recreo, nas pistas polideportivas e nos campos das festas. Xa está madurando, pois xa foron 149 persoas as que xogaron con nós nestas 7 xornadas de liga.

E sen descanso xa está aquí a 8ª xornada. O día 22 decembro no pavillón de Xil (Meaño).







A XORNADA 8ª XOGARASE NO PAVILLÓN DE XIL (MEAÑO)






Aquí vemos á campioa galega 2012, de costas. Con ela de fondo queremos informar que a participación feminina na LNB estase consolidando, e non só iso, senón que esta temporada o número de mulleres que participaron por vez primeira aumentou. Ademais das mulleres que levan xogando varios anos (Geni, Reyes, Elena, Lola, Lucía... Carmela, Begoña, Raquel... Leti, Marucha... ) e que son un referente para a billarda podemos afirmar que hai talentos que chegan con forza. Casos de Begoña (Corredoiras), Belmira, Noelia, Mónica, Casilda, Vanesa, Patricia, Tere...



Na categoría infantil que é o futuro deste deporte podemos confirmar a riqueza da raza galega nos talentos que chegan do Sur e do Norte do país. Un exempo vémolo en MARTIÑO o participante máis novo da LNB, que xoga en dúas conferencias: CONFERENCIA SUR e CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Este ano leva 3 participacións. Ademais, dicir que na xornada 3ª da conferencia SUR entrou a disputar as eliminatorias dos 24 primeiros postos. Podemos falar tamén de XIÁN, que participa na conferencia NORLESTE.


GOLPEO DE BILLARDA

1ª FASE 
NO CHAN
GOLPEO NA PUNTA DA BILLARDA

CHICHO LÚA DE FORZA



2ª FASE
NO AIRE
BRAZO EN POSICIÓN INICIAL DE GOLPEO
 
CHICHO LÚA DE FORZA


 3ª FASE
NO AIRE
IMPACTO NA BILLARDA
 
CHICHO LÚA DE FORZA



4ª FASE
NO AIRE
BRAZO EN POSICIÓN FINAL DE GOLPEO

CHICHO LÚA DE FORZA





1ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 2ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 3ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



 4ª FASE
CAROLO CORREDOIRAS



7 ª XORNADA (VILALONGA) 8-XII-2012

PARTICIPACIÓN
57
 
MULLERES
15
 
HOMES
42
 
INFANTIL
9



1º-IZAN (LÚA DE FORZA) 2ª-YUDANI (CORREDOIRAS) 3º-BRAIS (CASILLEDÍN)

1ª-BERMIRA VALPAÇOS 2ª-ELENA GHARABOTO 3ª-BEGOÑA CORREDOIRAS


1º-LUÍS (GHARABOTO) 2º-LUÍS GON  (GHARABOTO)3º-BALEA (GHARABOTO)



Estamos preto de rematar o ano 2012 e ata o momento xa houbo 149 persoas que xogaron con nós á billarda baixo o sistema de competición da LNB. Dos cales 22 son nenos e nenas menores de 14 anos. Deste xeito a CONFERENCIA RÍAS BAIXAS sigue con paso firme camiñando cara á recuperación e difusión deste deporte. Parabéns a todas e todos, pois este é un xeito maravilloso de acompañarnos no devir existencial.

7ª XORNADA






POR FAVOR, enviade a lista dos/as xogadores/as que ides presentar a esta 7ª xornada (ata as 21 horas do venres 7 decembro) a ecobateas@gmail.com. A partir desta hora ao teléfono 659 553 543. GRAZAS.

 
AQUÍ ABAIXO NO MAPA, UN RECTÁNGULO BRANCO (teito do pavillón de Vilalonga)

Visualizar o mapa ampliado

6ª XORNADA 24 NOVEMBRO

Podio oficial
Categoría feminina 1ª-ELENA 2ª-BEGOÑA 3ª-NOELIA

Categoría absoluta 1º-FARIÑA 2º-BALEA 3ª-ELENA


Categoría infantil

1ª-YUDANI 2º-BREIXO 3ª-ADRIANA 4º-BRAIS 5ª-ANDREA 6º-MARIO 7º-IZAN 8º-ALEK



 Aquí temos aos dous transatlánticos que lideran a regata RÍAS BAIXAS. Tanto CORREDOIRAS como GHARABOTO poñen proa ao campionato galego, con vento a favor. Dous equipos que contan con tripulacións moi capacitadas, mesturando experiencia e xuventude. De momento, GHARABOTO manten o rumbo firme e avantaxa en 90 millas a CORREDOIRAS. O seguinte barco xa é un galeón ao cal lle costou zarpar, mais agora navega placidamente, aínda que a case 150 millas de distancia de CORREDOIRAS e a 240 do primeiro clasificado. Por detrás, deste galeón, chamado LÚA DE FORZA, aparecen a dorna de ANDARELA e a de CASILLEDÍN. Máis atrás ven e a chalupa de VALPAÇOS con poucos remeiros. Un barco que o ano pasado navegou ata a segunda praza da conferencia A ESMORGA, non dá zarpado.


CORREDOIRAS

GHARABOTO

OUTRO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN


51

36 HOMES

15 MULLERES


Destacar que na categoría infantil participaron 8 xogadores/as. Ademais, o nivel destes participantes cada vez é maior. Así, 3 deles entraron no grupo que disputou os postos do 25 ao 36. Fabuloso!




ALIÑACIÓN DOS EQUIPOS

Xa temos os equipos da CONRIA que nos confirmaron a súa aliñación para a 6ª xornada do sábado en Sanxenxo. 

Anunciar tamén que cambiou a súa denominación o equipo SALNÉS. De agora en adiante serán E.B. LÚA DE FORZA.



ANDARELA
Angel, Mónica, Albino, Fernando e Noelia


E.B. LÚA DE FORZA
Carlos, Chicho, J.M. Camiña, Mario (inf.), MontseRicoy e Xan. Juanma (inf.) dubidosa a súa participación por coincidirlle co aniversario dun amigo.


CORREDOIRAS
Lu, Carolo, Benito, Brión, Pacucha, Begoña, Ricar, Yudani (inf.), Fariña, Chefa, Lito, Outeiro, Brais (inf.), Moital.


GHARABOTO
Gelín, Balea, Luís, Camiña, Cheli, Ana, Elena, Cristian, Luis Gon e Suso.


ALIÑACIÓN DOS EQUIPOS PARA A 6ª XORNADA

Xa temos a confirmación da aliñación que presentará ANDARELA para a próxima xornada. Salvo lesión durante algunha das sesións de adestramento o adestrador do equipo (O BULGARO) confirmou que sairán co número 1 ANGEL, co 2 MÓNICA, co 3 ALBINO VEIGA, co 4 FERNANDO e co 5 NOELIA.


nº 1 ÁNGEL


Nº 2 MÓNICA

Nº 3 ALBINO (ganador da 4ª xornada)

nº 4 FERNANDO


Nº 5 NOELIA





 
 
 
Durante estes días intentaremos confirmar outras aliñación. Está claro que os equipos queren agachar as súas intencións de cara a unha xornada que se xogará en pavillón, ou sexa, nunha superficie máis rápida que os habituais terreos exteriores. Que equipo se adaptará mellor ao "indoor". Verémolo o sábado.