Xa está feita a ZOCA DE VERÁN 2017. Aquí aparece fotografada desde catro ángulos. Esta zoca, elaborada no obradoiro que a LNB ten nas Rías Baixas, será calzada por aquel ou aquela que acumule máis puntos nesta primeira LNB de Verán.
billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
LIGA DE VERÁN 2017
Xa está elaborado o calendario da Liga de Verán 2017.
Ademais, xa están os artesáns traballando na Zoca que calzará o campión ou campioa desta Liga. Igual que a Coroza viste ao vencedor da LNB de outono, inverno e primavera, "Coroceiro Nacional", a Zoca vai calzar ao "Zoqueiro Estival".
NO VERÁN TAMÉN ESTÁ ACTIVA A LNB
Xa se está cocendo a Primeira LNB de Verán, será na Conferencia Rías Baixas. Terá 8 xornadas puntuables. O Calendario está en fase de elaboración. A primeira xornada, será o 24 de xuño no Estadio Nacional da Billarda (Reiboa-Poio). Outra data segura será o 15 de xullo en Marín.
PLAY OFF 2017 POSTOS DE HONOR
PLAY OFF 2017
PODIOS
| 1º | 2º | 3º | |
| CATEGORÍA INFANTIL | ADRIANA | GENO | JUANMA |
| CATEGORÍA VARADOS | MARKYTOS | ||
| CATEGORÍA EQUIPOS | CORREDOIRAS | CARABULLO | GHARABOTO |
| CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA | CHEFA | BEGO | GENI |
| CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA | MARKYTOS | DANI RINO | CHARLI |
TORNEO ABERTO DE BILLARDA
Rematou a temporada 2016-2017, pero os xogadores e xogadoras teñen contrato cos equipos ata o 30 de xuño, entón deben participar en Torneos Abertos de Billarda. Ademais, están sobre a mesa dos consellos de administración das franquicias LNB, as altas e baixas para a temporada 2017-2018. Daquela, nestes TAB de xuño moitos e moitas palanadores van ter que demostrar as súas condicións se queren conseguir unha camiseta LNB para a vindeira temporada.
O equipo Campión Nacional, CORREDOIRAS, a pesar de obter o título con bastante solvencia está pensando en reforzar o cadro de xogadores e xogadoras, pois finalizan contrato vari@s destacad@s xogador@s e semella que as negociacións para as súas renovacións están bloqueadas. Outros equipos máis modestos pensan en acceder a xogadores que queden libres para ofrecerlles un proxecto deportivo e económico ilusionante.
En definitiva, as secretarías técnicas dos equipos das Rías Baixas estarán presentes en Poio para iniciar negociacións con xogador@s que son axentes libres, de cara e fortalecer as súas escadras para a temporada 2016-2017. Tamén, sabemos de boas fontes, que varios equipos están meditando a fusión para facerlle fronte ao imbatible Campión Nacional de Bueu, CORREDOIRAS.
Tanto se tes contrato en vigor, como se queres conseguir un bo contrato para o ano que vén acércate a xogar ao ESTADIO NACIONAL DE BILLARDA da REIBOA, en Poio.
SÁBADO 3 XUÑO 2017
16:30h.
GALA DA BILLARDA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 2016-2017
A GALA DA BILLARDA 2017 celebrouse este ano en Beluso, na Casa do Pobo. Na Gala entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados de Conferencia nas diferentes categorías. A actuación dun grupo de Cantareiros e Cantareiras de Bueu puxo nos oídos do auditorio unhas melodías mariñeiras que agradeceron os xogadores e as xogadoras, pois viñan de disputar unha xornada moi esixente, xa que se xuntou o terreo de xogo de caucho e o sol insistente para facer da superficie unha lareira.
CATEGORÍA EQUIPOS
1-CORREDOIRAS
2-GHARABOTO
3-LÚA DE FORZA
CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
1-XAN
2-RICAR
3-CHE
CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA
1-BEGO
2-LU
3-ADRIANA
CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL
1-JUANMA
2-GENO
3-ADRIANA
XORNADA 16 BELUSO
PARTICIPACIÓN
| 91 | TOTAL |
| 59 | homes |
| 32 | mulleres |
![]() |
| AKI-Rinoceronte |
![]() |
| GENO - Corredoiras |
![]() |
| JUANMA - Lúa de Forza |
![]() |
| ADRIANA - Valpaços Terra Quente |
A xornada tivo no podio a dous habituais como Bego e Xan. Xan certificou a seu Título de Conferencia coa vitoria na xornada de Bueu. A sorpresa foi a de Peque, que por vez primeira subiu ao podio ocupando a terceira praza. A progresión deste palanador fixo que estea como primeiro suplente para ir ao Play Off. Isto significa que se hai algunha baixa inesperada entraría entre os elixidos para desafiar aos astros e loitar pola Coroza.
Na categoría feminina foi Adriana a que máis puntos obtivo, seguida da súa compañeira de equipo Zaira, e de Lu. Ademais, Zaira cos puntos conseguidos na xornada de Beluso conseguíu praza para participar no PLAY OFF 2017. Xa se vía que esta palanadora de Vigo tiña un potencial enorme. A súa progresión foi rapidisima. Na súa primeira temporada, e aínda faltando a algunhas xornadas de principio de temporada, xa alcanzou a 7ª posición final na Categoría Feminina. Outro logro asombroso foi o de Adriana, quen cos 19 puntos conseguidos na xornada alcanzou o posto 23 da Clasificación Xeral Absoluta, o cal lle permite participar tamén no PLAY OFF 2017 da Categoría Absoluta, e loitar pola Coroza. Extraordinario!
Geno ganou a xornada na Categoría Infantil cunha puntuación histórica para un xogador desta categoría, 28 puntos. Segundo foi Juanma e terceiro Oscar. Estes tres palanadores, xunto con Adriana, son as opcións más serias de Título LNB Infantil que presentará a Conferencia Rías Baixas.
ESCOLLIDOS PARA A GLORIA
CATEGORÍA EQUIPOS
Estes serán os tres equipos que representarán á Conferencia Rías Baixas no PLAY OFF LNB 2017 do vindeiro domingo 28 de maio en Compostela. Corredoiras, de Bueu dominou a competición desde a primeira xornada ata a última. Nunha competición regular onde suman 4 xogadores/as non ten rival. Agora veremos se mantén as mesmas prestacións no Play Off, onde suman 6 xogadores/as. Gharaboto, de Marín ten un potencial enorme nunha competición na que sumen xogadores/as como vai ser a Final de Compostela. Que ninguén desprece a forza dunha barba ben aseada! Lúa de Forza, de Sanxenxo, xa bastante fixo con conseguir o podio da Conferencia, pois ten un cadro de xogadores/as moi pequeno. Ao sumar 4 en cada xornada mantivo o tipo durante a liga, mais para que lle sumen 6 xogadores/as... vémolo case imposible. De todos os xeitos levaran a cor verda á terra do Castiñeiriño, metáfora dun cespede artificial que o campo do Atl Fátima gorenta.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Na categoría absoluta a nosa Conferencia vai recuperar a Coroza que o ano pasado vestiu Chousa. Por que dicimos isto con tanta seguridade, pois ademais de polos argumentos técnico-tácticos, por unha cuestión de periodicidade estatística. Desde o ano 2008 o título tivo este comportamento:
2008-NOL
2009-SUR
2010-NOL
2011-SUR
2012-SUR
2013-NOL
2014-RÍAS
2015-RÍAS
2016-NOL
2017-RÍAS
Cremos que non hai equivocación posible nas cousas da cosmoloxía estatística. O norte nunca conseguiu dous títulos seguidos. Queda todo dito...
CATEGORÍA FEMININA
Na Categoría Feminina o nivel é tan elevado que non se nos pasa pola cabeza que o Título non veña para as Rías Baixas. Cremos que só hai dúas palanadoras que poden amezar a consecución deste Título como son Geni e Paula. Entón, todo vai depender de se o terreo de xogo está enchoupado ou non, porque en terreo seco non hai ninguén, entre as mulleres, que golpee a billarda tan forte como Bego. Lu, Elena e Adriana van ter as súas posibilidades, igual que Merche. Sería unha sorpresa que o nome da campioa non estivese entre os destas 7 mulleres.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)











































