Inscrición 15.30. Sorteo 15:45. Comenzo 16 h. Lugar: Pavillón Municipal
de Beluso (Bueu). Chegar a Bueu e coller a estrada de Aldán (PO 315)
ate o cruce das praias no centro de Beluso. Logo, tomar dirección Parque
Industrial e o Pavillón está a escasos 400 metros do citado cruce.
Tfno. Outeiro 658491908
billardariasbaixas@gmail.com
billardariasbaixas@gmail.com
CRÓNICA 7ª XOR VILALONGA
O lugar da Telleira na parroquia de Vilalonga (Concello de Sanxenxo) foi o lugar escollido para disputar a 7ª xornada da LNB Rías Baixas.
A tarde foi soleada, mais o norte fixo que a temperatura necesitara dunha boa roupa de abrigo. Non obstante, isto non foi impedimento para a participación de 76 persoas, pertencentes a 11 equipos.
Os terreo de xogo de terra e a proximidade do mar da Ría de Arousa dificultaron o avance das billardas. Aínda así, houbo 2 varados (atravesar coa billarda a liña do varal dun só golpe). Un fíxoo Xoán Paulo, de LÚA DE FORZA e outro Pesto, de GHARABOTO. Palanadores cun gran golpe de saída.
Despois das puntuacións alcanzadas nesta 7ª xornada, a clasificación de equipos segue encabezada por GHARABOTO (Marín), agora con tan só 3 ptos de vantaxe sobre CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Na terceira posición segue RINOCERONTE (Pontevedra) a 37 ptos da cabeza. Partían como favoritos ao título e estanse comportando de acordo con estas predicións. Na cuarta praza, a 92 do 1º posto aparece o actual campión da LNB, LÚA DE FORZA (Sanxenxo), que nas tres últimas xornadas tivo un rendemento alto e non quere renunciar aínda a defender o seu título. De todos os xeitos, pensamos que como moito poderán loitar pola 3ª praza.
Na clasificación Absoluta Xan (LÚA), 150ptos, actual campión da LNB (coroceiro nacional), afianza a 1ª posición e distánciase algo máis de Luís (GHA), 143ptos, 2º clasificado, e de Ricar (COR) 133ptos, 3º. Por detrás destes, Álvaro (ZUM) 125 e Gelín (GHA) 116, tiveron unha boa actuación na xornada e manteñense alerta para aproveitar unha mala actuación de calquera dos que vai por riba deles.
Bego (COR) segue firme na primeira posición na categoría feminina, seguida por Lu (COR), a 33 ptos de distancia. A 3ª posición é para Yudani (COR) que está a 38 ptos da segunda posición. As dúas primeiras prazas están moi lonxe para o resto de palanadoras, sobre todo pola entidade de Bego, actual Campioa LNB feminina e Lu, campioa LNB, hai dúas temporadas. Porén, onde está todo aberto é nesta 3ª posición, pois desde esta ata a novena praza hai soamente 19 ptos de diferencia.
Na categoría infantil, Adrián (GHA) conseguíu ganar esta xornada con 14 ptos e presentarse como unha serie ameaza ao dominio abrumador de Juanma (LÚA), que avantaxa ao segundo clasificado Geno (COS) en 66 ptos. Geno tiveron unha actuación aceptable e continúa na segunda posición, 3ª é Adriana (VAL) e 4º Martiño (COS).

![]() |
| SERGIO (CASILLEDÍN-Barrantes-Ribadumia) |

| TAXEIRO (VALPAÇOS TERRA QUENTE-Vigo) |
Bego (COR) segue firme na primeira posición na categoría feminina, seguida por Lu (COR), a 33 ptos de distancia. A 3ª posición é para Yudani (COR) que está a 38 ptos da segunda posición. As dúas primeiras prazas están moi lonxe para o resto de palanadoras, sobre todo pola entidade de Bego, actual Campioa LNB feminina e Lu, campioa LNB, hai dúas temporadas. Porén, onde está todo aberto é nesta 3ª posición, pois desde esta ata a novena praza hai soamente 19 ptos de diferencia.
Na categoría infantil, Adrián (GHA) conseguíu ganar esta xornada con 14 ptos e presentarse como unha serie ameaza ao dominio abrumador de Juanma (LÚA), que avantaxa ao segundo clasificado Geno (COS) en 66 ptos. Geno tiveron unha actuación aceptable e continúa na segunda posición, 3ª é Adriana (VAL) e 4º Martiño (COS).
7ª XOR 6-12-2014 VILALONGA
7ª XORNADA
Chegar a OS PASALES (DENA) unha vez alí, seguir pola beira do mar dirección Vilalonga (unha pista de terra). Estará sinalizado.
TERREO DE XOGO de TERRA.
CRÓNICA 6ª XOR
O campo da festa de Castrelo é un lugar ideal para xogar billarda en terra, sen depender da climatoloxía, pois unha cuberta metálica impide que a choiva caia sobre a superficie de xogo.
Así, a tarde do sábado 15 novembro disputouse a 6ª xornada LNB Rías Baixas. A participación foi de 67 xogadores/as que representaban a 11 equipos.
O 33% desta participación correspondéulle ao sexo feminino. Salientar a dificultade para conseguir varados cando a superficie de xogo é terra. Non houbo ningún varado na xornada.
Os resultados desta xornada fixeron que algunhas clasificación cambiaran nos primeiros postos. Deste xeito, a categoría de Equipos pasa a estar encabezada por GHARABOTO (Marín), que por 3ª xornada consecutiva consigue obter a vitoria na xornada. Agora, por vez primeira na temporada avantaxa a CORREDOIRAS RÍAS (Bueu). Ten 5 ptos máis que estes. O único equipo que segue a estes dous grandes favoritos para o título é RINOCERONTE (Pontevedra) que está a 24 ptos do primeiro posto.
Tamén, houbo cambio de líder na categoría Absoluta. A ausencia de Ricar (COR) favoreceu a Xan (LÚA), que conseguíu ganar a xornada e sumar 24 ptos, co cal se coloca primeiro. Ricar fóra líder durante as 5 primeiras xornadas. Luís (GHA) queda a só 2 ptos do primeiro posto, Ricar queda a 15 ptos e Álvaro (ZUM) a 19. Outros que obtiveron un bo feixe de ptos foron Che (RIN) e Gelín (GHA), que ocuparon o 3º e 2º posto na xornada, e con isto entran nos 10 primeiros postos.
Na categoría feminina Lu (COR) conseguíu a máxima puntuación da xornada con 18 ptos e conserva o segundo posto xeral, aínda que máis cerca de Begoña (COR) que só obtivo 11. Agora, a distancia entre ambas é de 25 ptos. Yudani (COR) é terceira clasificada, Marga (GHA) cuarta e Monica (ZUM) quinta.
Juanma (LÚA) ganou na categoría Infantil conseguindo 22 ptos afianzando o seu liderado. Geno, segundo clasificado na xeral obtivo 2 ptos e conserva a segunda praza. Adriana (VAL) e Sofía (CAS) sitúanse a 5 e 7 ptos, respectivamente deste 2º posto. Sara (ZUM) e Martiño (COS) son os outros candidatos ao 2º e 3º posto, xa que se Juanma mantén a regularidade actual vai ser moi difícil que alguén se lle acerque, pode incluso optar á clasificación directa para o Play Off Nacional na categoría absoluta. Actualmente está no posto 12 da xeral absoluta.
A clasificación de Varados non tivo modificación algunha. Sigue encabezada por Xoán (LÚA) e Luís Camiña (GHA), cada un con 3 varados. Deberemos esperar á chegada da choiva para utilizar pavillóns e aproveitar a superficie esvaradiza destes.
6ª xornada
PARTICIPACIÓN
67
MULLERES
22
HOMES
45
CATEGORÍA FEMININA ![]() |
| 2ª-SOFÍA (CASILLEDÍN) 1ª-LU (CORREDOIRAS RÍAS) 3ª-BEGO (CORREDOIRAS RÍAS) |
CATEGORÍA ABSOLUTA
![]() |
| 3º-GELÍN (GHARABOTO) 1º-XAN (LÚA DE FORZA) 2º-LITO (CORREDOIRAS RÍAS) |
CATEGORÍA INFANTIL
1º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
2ª-ADRIANA (VALPAÇOS TERRA QUENTE)
3º-GENO (CORREDOIRAS SUR)
CRÓNICA DA 5ª XORNADA
Nun día soleado e festividade de todos os santos celebrouse a 5ª xornada da LNB Conferencia Rías Baixas. Os Pasales (Dena) foi o lugar. Por vez primeira xogouse nuns campos de superficie mixta. Ou sexa, había un campo de terra-herba e dous de terra-herba-cemento. Esta particularidade dos terreos de xogo demostrounos que non hai barreiras para este deporte marabilloso chamado billarda. Ao mesmo tempo, ELENA xogou en cadeira con rodas por terceira xornada consecutiva, e obtivo a segunda praza na categoría feminina. O que nos fai pensar que tampou hai barreiras para quen ten reducida a súa mobilidade.
![]() |
Foto: Oscar Canitrot |
Houbo 67 participantes, dos cales 26 foron mulleres e 41 homes. Isto significa que houbo un 39% de participación feminina. Ademais, participou por vez primeira o equipo BILLARDEIROS DA LARACHA (LARACHA-A CORUÑA). Esta xornada foi a primeira que se xogou co horario de inverno e serviunos para comprobar que se dispoñemos de 3 campos podemos celebrar as vindeiras xornadas invernais no exterior, sempre que a choiva o permita, xa que se tardou 2 horas en rematar a xornada.
![]() |
Foto: Oscar Canitrot |
Na categoría feminina, BEGO (COR) conseguíu 20 ptos o que a afianza na primeira praza, pois LU, do mesmo equipo, obtivo 8 ptos. Agora, a distancia entre as dúas é de 32 ptos. Na categoría infantil, JUANMA (LÚA) reafirma a súa candidatura a conseguir o título de Conferencia. Así, conseguíu 20 ptos e distánciase en 39 ptos de GENO, que non participou nesta xornada. Na categoría absoluta, o líder provisional, RICAR (COR), deixouse 8 ptos de vantaxe sobre LUÍS (GHA), e agora a distancia entre os dous está en 6 ptos a favor do primeiro. Na categoría de equipos, GHARABOTO volveu de Dena moi reforzado na súa recuperación. Sendo un dos equipos favoritos para o título, tanto o de Conferencia como o do PLAY OFF NACIONAL, empezou a temporada algo dubitativo, mais nas últimas dúas xornadas restou 20 ptos da distancia que tiña CORREDOIRAS RÍAS sobre eles/elas. Agora, unicamente 9 ptos separan a primeira posición (COR) da segunda (GHA).
5ª xornada
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)