billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

12ª XOR COTOBADE 22-3-2014

PARTICIPACIÓN
74

HOMES
 56
MULLERES
18

INFANTIL
10



COTOBADE (PONTEVEDRA).  Un novo concello ao que chegou a LNB.



CATEGORÍA ABSOLUTA
3º-CHE 1º-ALBINO 2ª-BEGO (JORGE CUBELA, Alcalde de COTOBADE)

1º ALBINO (LÚA DE FORZA)

2ª BEGO (CORREDOIRAS)

3º CHE (RINOCERONTES)


CATEGORÍA FEMININA
2ª ANA (GHARABOTO) 1ª BEGO (CORREDOIRAS) 2ª LU (CORREDOIRAS)
18 PARTICIPANTES




CATEGORÍA INFANTIL
1º JUANMA (LÚA DE FORZA)
 
2º BRAIS (CORREDOIRAS)

3º ÁLVARO SOUTULLO (LÚA DE FORZA)


10 PARTICIPANTES




As clasificacións actualizadas sairán mañá martes ás 15 horas

11ª XOR 8-3-2014 FIGUEIRIDO (VILABOA)

PARTICIPACIÓN
69

MULLERES 
23

HOMES 
46


1º INFANTIL ADRIÁN AGRASO (LÚA)

1ª FEMININA BEGOÑA (COR)

ESTEVO-CHE-MARTINA-MOITAL-OLALLA-LAURA
Houbo 7 palanadores (4 homes e 3 mulleres) que xogaron por vez primeira na LNB. 5 foron do equipo CASILLEDÍN (Barrantes), dos cales catro son da categoría INFANTIL, e 2 do equipo RINOCERONTE (Pontevedra). Así, de momento xogaron na nosa conferencia 196 persoas. Fantástico.

1º- XAVI (GHA)
2º- XAN (LÚA)
3º- FILIPE (ZUM)



    Ademais, ao finalizar a xornada houbo un xuntanza onde se falaron aspectos relacionados co PLAY OFF NACIONAL 2014. O que se falou aquí será compartido co resto de conferencias LNB, na xuntanza do día 15 marzo durante o ALL STARS 2014, en Carballo. 


ACTA


Xuntanza conxunta equipos LNB das Conferencias
RÍAS BAIXAS e SUR

En Figueirido, parroquia de Vilaboa, provincia de Pontevedra, cando son as 19:00 horas do día 8 de marzo de 2014 (Día Internacional da Muller Traballadora e Billardeira), ven de celebrarse una xuntanza conxunta de equipos LNB das Conferencias Sur e Rías Baixas, ós efectos de consensuar propostas organizativas de cara a presentalas nunha xuntanza de tódalas Conferencias a celebrar en Carballo (A Coruña) o vindeiro sábado día 15 de marzo, con motivo do All Stars 2014

Equipos representados:
  • GHARABOTO
  • LÚA DE FORZA
  • ZUME DE VIMBIA
  • CORREDOIRAS
  • RINOCERONTE
  • ANDARELA
  • VALPAÇOS
  • OS DE TORRES
  • CASELLEDÍN
Temas a expoñer:
  1. Número de clasificados por conferencia para o play off nacional
  2. Posibilidade de establecer a categoría Infantil
  3. Outros que puideran xurdir

  1. NÚMERO DE CLASIFICADOS POR CONFERENCIA
Tendo en conta a grande diferenza que existe de participantes nas distintas Conferencias, aínda que para esta tempada teñen asignado un número igual de 12 clasificados, estimamos que, sen minorar o mesmo, poderíase incrementar algunha praza das Conferencias con máis participantes, deste xeito chegaríase aos 80 palanadores na final.
A saber: 6 Conferencias (contando Andalucía) con 12 representantes, serían 72, ós que habería que engadir os 2 que acaden a clasificación a través do All Star, polo que, deste xeito, serían 74. Logo quedarían 6 postos a cubrir a maiores polas Conferencias con máis participantes.
Deberíase ter en conta a confirmación de Andalucía que, se reduce o seu número de participantes, quedarían máis vacantes a cubrir.
Proposta acadada por maioría.

  1. CATEGORÍA INFANTIL
Tamén por maioría disponse propoñer a creación da categoría Infantil, cun número de participantes a establecer. Esta categoría xogaría na xornada matutina, entendendo que non retrasaría o normal desenvolvemento da xornada, dado que ao contar con catro campos, poderíanse alternar coa categoría Feminina, seguindo a xornada vespertina coa mesma configuración.

  1. Outras propostas acadadas por maioría

  • Incremento do número de participantes da categoría Feminina
Dado o grande incremento da participación feminina en algunhas Conferencias, proponse elevar o seu número a 6-7 por Conferencia (debendo establecerse o número definitivo dun xeito proporcional tendo en conta a súa participación por Conferencia)
  • Xogadores inactivos fichados para a final
Proponse que se estableza expresamente se algún palanador que non tivese participación algunha durante a tempada, pode ou non pode representar a un equipo na final nacional.
  • Alternativas ao lugar designado para o Play Off final
Aos efectos de facer máis participativas a tódalas Conferencias, así como dunha meirande difusión da billarda por tódolos recunchos de Galicia, entendemos que podería establecerse que o Play Off final fose rotativo, facéndose cargo do mesmo unha Conferencia por tempada, tanto a nivel organizativo como de agasallos.

Sen mais, remátase o acto cando son as 20:00 horas.


11ª xornada SÁBADO 8-3-2014

XOGARASE EN FIGUEIRIDO (VILABOA-PONTEVEDRA)

HORA DO SORTEO 
15:45




Ao finalizar, REUNIÓN de CONFERENCIA LNB.


 PLANO de como chegar ao terreo de xogo
ELABORACIÓN de SUSO (GHA)
O 8 de marzo despois da 11ª xornada de Figueirido (VILABOA) haberá unha reunión de PREPARACIÓN DA XUNTANZA LNB  15 MARZO, ALL STARS 2014, CARBALLO.


Temas a debatir

  • Conveniencia de elexir uns representantes LNB en cada conferencia.
  • PLAY OFF.
    • Lugar?
    • Conveniencia do cambio de data. O 26 maio son as eleccións europeas.
    • Pertinencia de establecer a categoría infantil.
    • Nº de finalistas en cada categoría. (Actualmente: 64 absoluta 25 feminina 25 varados)
    • Nº de prazas por conferencia. Segundo o número de participantes nesa conferencia?
    • Conferencia Cadiz. Nº de prazas?
    • Organización durante o PLAY OFF. Persoas de cada conferencia, sistema de competición.
    • Premios. Quen se encarga de conseguilos?
  • Outros asuntos de interese.



10ª XOR BARRANTES 2 FEBREIRO 2014







 PARTICIPACIÓN
75

51 HOMES
24 MULLERES



 ABSOLUTA
1º-LITO (CORRECOIRAS)
2º-ALVARO (ZUME DE VIMBIA)
3º-ANDRÉS (LÚA DE FORZA)


 FEMININA
1ª-ELENA (GHARABOTO)
2ª-LU (CORREDOIRAS)
3ª-MARGA (GHARABOTO)


 INFANTIL
1º-BRAIS (CORREDOIRAS)
2º-ELIAS (CASILLEDÍN)
3ª-YUDANI (CORREDOIRAS)

Récord LNB





O pasado 1 de febreiro estableceuse un récord absoluto de número de varados nunha xornada de LNB. Foi no pavillón de Meira (Lugo).  43°13′0″N 7°16′59″W. Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2010 tiña 1.787 habitantes.

Os datos da competición foron os seguintes: a superficie de xogo  moi rápida, o nº de participantes 66, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 483m.


Sábado 15 febrero. Barrantes (Ribadumia). 42°29′40″N 08°45′45″W. Santo André de Barrantes é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 1.410 habitantes.

Os datos da competición son os seguintes: a superficie de xogo moi rápida, o nº de participantes, aproximadamente 70, 5 carreiras cada xogador e xogadora. Altitude 15m.


Seremos quen de superar eses 36 varados?

Os datos coinciden, e amais ao nivel do mar prodúcense as mellores marcas deportivas.
Todo está ao noso favor.





10ª XORNADA 15-2-2014 BARRANTES










 BARRANTES
 RIBADUMIA 
PONTEVEDRA




Por segundo ano consecutivo, pretendendo facelo tradición definitivamente, antes da xornada temos planeado un churrasquiño no mesmo furancho do ano pasado. Está aberto a todo o que queira vir e traia 15 euros para pagar a súa parte. 

Para apuntarse na comida terían que chamar a este num 637 564 377 antes do xoves 13 as 23:00















9ª XORNADA

PARTICIPACIÓN TOTAL
74

25 MULLERES
49 HOMES




RESULTADOS
 
1º- OUTEIRO (CORREDOIRAS)


NOELIA (ZUME DE VIMBIA)

CASTRO (CORREDOIRAS)



1º-OUTEIRO (CORREDOIRAS)
2ª-NOELIA (ZUME DE VIMBIA)
3ª-MANOLO CASTRO (CORREDOIRAS)



9ª XORNADA

XOGARASE EN MARÍN 
18 XANEIRO 
16 h. comezo
15:45 sorteo
13:30 inscrición 
 (inscrición por correo electrónico ecobateas@gmail.com ata as 21h. venres 17 xaneiro)

(IES ILLA DE TAMBO, ao ladiño do Parque Eguren)