billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

9ª XORNADA

PARTICIPACIÓN TOTAL
74

25 MULLERES
49 HOMES




RESULTADOS
 
1º- OUTEIRO (CORREDOIRAS)


NOELIA (ZUME DE VIMBIA)

CASTRO (CORREDOIRAS)



1º-OUTEIRO (CORREDOIRAS)
2ª-NOELIA (ZUME DE VIMBIA)
3ª-MANOLO CASTRO (CORREDOIRAS)



9ª XORNADA

XOGARASE EN MARÍN 
18 XANEIRO 
16 h. comezo
15:45 sorteo
13:30 inscrición 
 (inscrición por correo electrónico ecobateas@gmail.com ata as 21h. venres 17 xaneiro)

(IES ILLA DE TAMBO, ao ladiño do Parque Eguren)

TAB DE REIS

TAB DE REIS
 
4 DE XANEIRO 
ÁS 16 HORAS
PAVILLÓN DE BELUSO (BUEU)


ORGANIZA



INSCRIPCIÓNS ATE CINCO MINUTOS ANTES DO COMENZO


-MERENDA COMPARTIDA 
-SERÁN AO REMATE (TRAEDE OS INSTRUMENTOS MUSICAIS E ZAPATILLAS OS BAILADOR@S)






CIFRAS DE PARTICIPACIÓN na mitada da LIGA



PARTICIPACIÓN POR XORNADA


TOTAL 103 71 71 65 70 84 67 65
Homes 76 49 49 47 48 56 43 44
Mulleres 27 22 22 18 22 28 24 21
Homes % 74% 69% 69% 72% 69% 67% 64% 69%
Mulleres % 26% 31% 31% 28% 31% 33% 36% 31%





MEDIA DE PARTICIPACIÓN POR XORNADA

MEDIA
TOTAL 74
Homes 51
Mulleres 23



Polo momento participaron na nosa conferencia 176 persoas.
TOTAL 176


homes 128
mulleres 48



A participación infantil (menos de 14 anos) é a seguinte:

infantil 38
NENOS 30
NENAS 8


En definitiva, seguimos medrando, xa que o ano pasado houbo unha participación media de 60 persoas. Esta actividade de difusión da billarda non pode existir sen todos e todas nós. Facer unha competición atractiva tanto para os/as máis destros como para as persoas que chegan por vez primeira e necesitan un proceso de aprendizaxe e, ao mesmo tempo, persuadir aos nosos e ás nosas próximos, familiares, compañeiros, veciños e demais xente, para que veñan probar o xogo. Ao fin, ir sumando pouco a pouco novos e novas practicantes, este debe ser un dos nosos obxectivos máis cobizados.








8ª XORNADA

PARTICIPACIÓN 
65 

HOMES 44 

MULLERES 21


CATEGORÍA ABSOLUTA
1º-RICAR (COR)
2º-ÁLVARO (ZUM)
3º-BENITO (COR)

 

 CATEGORÍA FEMININA
1ª-BELMIRA (VAL)
2ª-BEGOÑA (COR)
3ª-CHEFA (COR)

 

 CATEGORÍA INFANTIL
1º-BRAIS (COR)
2ª-ADRIANA (VAL)
3º-MARTIÑO (COR)

 




8ª xornada






Sábado 21 de Decembro
Comezo 16 horas
Pavillón de Beluso (Bueu)





SORTEO ÁS 15:45
INSCRICIÓN (no terreo de xogo) ÁS 15:30





Enviar inscripcións dos equipos a:
ecobateas@gmail.com ate venres 20 ás 22 horas.

7ª XORNADA 7-12-2013 VILALONGA





NESTA XORNADA IMOS CONTAR COA PRESENZA DO CAMPIÓN NACIONAL DE BILLARDA 2013 
DANIEL RODRÍGUEZ (Billardeiros Musicais-Ribadeo)


Ademais, imos ter o Santo Grial da LNB, ou sexa, o trofeo que unicamente unha vez ao ano está visible ao público, que é durante a celebración do PLAY OFF final da LNB. Despois, durante un ano está en posesión do campión/oa. Este sábado en Vilalonga, as persoas que se acerquen ata o pavillón van ter a posibilidade de tocar o tan preciado obxecto, a un tempo que saudar ao gran coroceiro nacional.



BREVE HISTORIA DE 10 ANOS DE BILLARDA



  
No outono de 2003 empezou todo...
Actualmente a LNB é un colectivo que está composto por asociacións culturais e deportivas, así como por equipos de billarda. O fin principal destas persoas é o de normalizar a práctica da billarda en todo o territorio galego, para o cal organiza unha liga anual (Liga Nacional de Billarda), e máis Torneos Abertos de Billarda (TAB). Outro dos fins é que a billarda sexa considerada unha modalidade deportiva.
Esta iniciativa ten as súas raíces nas comarcas da Mariña Oriental e CentraL, concretamente nos concellos de Lourenzá e Barreiros. No outono do ano 2003, un grupo de persoas que estaban sensibilizadas ante o perigo de desaparición dun xogo milenario como o da billarda deciden organizar o primeiro TAB da historia. Chamouse Torneo do Lacón. Naquel momento foron unha ducia de persoas as que disfrutaron dese acontecemento histórico. Durante o 2003 organizáronse 2 TAB, no 2004 foron 5 TAB, e no 2005 chegaron a ser 8. En total, foron 15 TAB, durante os cales se foi xestando a idea de convertir a billarda nun deporte de competición. 
 
Definitivamente, creouse a Liga Nacional de Billarda. O 16 de outubro de 2005 celébrase a 1ª xornada na parroquia de Santo Adrao (Lourenzá-Lugo). Para competir na LNB elaborouse un regulamento que foi froito de adaptar os diferentes xeitos de xogar. Ao mesmo tempo, considerouse que a billarda tiña un potencial enorme para convertirse nun deporte atractivo para homes e mulleres de calquera idade. Entón creouse un sistema de competición que permitía xogar a un numero indeterminado de competidores nun terreo de xogo delimitado e cun material dunhas dimensións concretas. Este regulamento e sistema de competición foi evolucionando ata dar no sistema actual. 
 
Feitos salientables para o nacemento da LNB
O primeiro foi a creación de ovaral.blogspot.com, o 17 decembro 2004. Este foi o paso definitivo para todo o que aconteceu despois, xa que a partir de aquí o resto do planeta terra coñeceu a existencia dun grupo de persoas da Mariña que estaban organizando TAB, e posteriormente cando empezou a disputarse a LNB, este blog foi a referencia do desenvolvemento dela. Ao mesmo tempo, empezou a xestarse a idea dunha liga, que posteriormente nacería co nome que actualmente ten de LNB. O segundo fito foi a constitución de O Varal como asociación cultural e deportiva a principios do 2005. Isto foi fundamental para o nacemento da LNB. 
 
Feitos salientables para a consolidación da LNB
Unha das sementes que axudaron ao espallamento da LNB encontrámola no 12 de xuño de 2005, cando aínda a LNB era unicamente unha intención. Foi a celebración dun TAB fóra dos límites das Mariñas por primeira vez. Chamouse naquel momento Torneo O Varal, que posteriormente adquiriu o seu nome actual O Xerro do Salnés. Foi en Xil (Meaño) e pasados uns anos esta semente convertiríase na Conferencia SUR (finais de 2008). Outro feito salientable foi a cebración do primeiro All Stars o 26 de marzo de 2006 en A Coruña. Este acontecemento dou pé a que nacese a segunda das conferencias, a Conferencia NOROESTE (finais de 2007). Tamén é destacable a disputa da I Copa Cantábrica o 24 de setembro de 2006, pois este TAB síguese celebrando a día de hoxe (2013) e contribúe á difusión da LNB no país asturiano. Sen dúbida, foi un elemento clave para a consolidación da LNB o premio que recibiu a ACD O VARAL da Xunta de Galicia, como mellor iniciativa do deporte tradicional 2006-2007.
A partir destes feitos relevantes a LNB espallouse por todo o territorio seguindo un modelo de conferencias. Así, a conferencia nai é a CONFERENCIA NORLESTE (2005), despois naceu a CONFERENCIA NOROESTE (2007), CONFERENCIA SUR (2008), CONFERENCIA CENTRO (2009), CONFERENCIA BEZOUQUEIRA (2010), CONFERENCIA RÍAS BAIXAS (2011). Na actualidade existe 5 conferencias que delimitan un territorio xeográfico onde desenvolven a súa competición anual. 
 
CONFERENCIA NORLESTE AS MARIÑAS ORIENTAL-CENTRAL-OCC - MEIRA- TERRA CHÁ - LUGO
CONFERENCIA NOROESTE A CORUÑA - ORDES
CONFERENCIA SUR VIGO - O MORRAZO - O CONDADO
CONFERENCIA CENTRO SANTIAGO -ORDES
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS O SALNÉS - PONTEVEDRA - O MORRAZO
A LNB dispútase desde setembro ata maio. Cada conferencia ten unha competición propia cun número de xornadas que se establece antes do comezo. Así, ao final da liga hai uns campións e campioas de conferencia. Na competición existen as categorías absoluta, feminina, infantil, equipos e varados. O último domingo de maio celébrase o PLAY-OFF NACIONAL en Compostela. A este acuden os mellores e as mellores clasificados de cada conferencia en cada unha das categorías para decidir os campions e campioas da LNB. 
Hai unha evidente evolución da participación na LNB:
2005-2006        29 participantes
2006-2007        35 participantes
2007-2008        87 participantes
2008-2009      262 participantes
2009-2010      444 participantes
2010-2011      383 participantes
2011-2012      367 participantes
2012-2013      482 participantes
Cada conferencia ten un blog ao cal sube información sobre os resultados e os calendarios, así como fotos e vídeos da súa competición. A organización da competición en cada conferencia corre a cargo dos representantes dos equipos que participan na mesma. A un tempo as conferencias están en contacto unhas con outras para organizar os TAB fóra da Liga regular, entre os que destacan o XERRO DO SALNÉS, o ALL STARS, A COPA CANTÁBRICA, e tamén para organizar o PLAY-OFF NACIONAL.
En definitiva, grazas a todos e todas as que durante estes 10 anos contribuíron a que a billarda sexa máis coñecida e practica que fai un decenio.