billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

BREVE HISTORIA DE 10 ANOS DE BILLARDA



  
No outono de 2003 empezou todo...
Actualmente a LNB é un colectivo que está composto por asociacións culturais e deportivas, así como por equipos de billarda. O fin principal destas persoas é o de normalizar a práctica da billarda en todo o territorio galego, para o cal organiza unha liga anual (Liga Nacional de Billarda), e máis Torneos Abertos de Billarda (TAB). Outro dos fins é que a billarda sexa considerada unha modalidade deportiva.
Esta iniciativa ten as súas raíces nas comarcas da Mariña Oriental e CentraL, concretamente nos concellos de Lourenzá e Barreiros. No outono do ano 2003, un grupo de persoas que estaban sensibilizadas ante o perigo de desaparición dun xogo milenario como o da billarda deciden organizar o primeiro TAB da historia. Chamouse Torneo do Lacón. Naquel momento foron unha ducia de persoas as que disfrutaron dese acontecemento histórico. Durante o 2003 organizáronse 2 TAB, no 2004 foron 5 TAB, e no 2005 chegaron a ser 8. En total, foron 15 TAB, durante os cales se foi xestando a idea de convertir a billarda nun deporte de competición. 
 
Definitivamente, creouse a Liga Nacional de Billarda. O 16 de outubro de 2005 celébrase a 1ª xornada na parroquia de Santo Adrao (Lourenzá-Lugo). Para competir na LNB elaborouse un regulamento que foi froito de adaptar os diferentes xeitos de xogar. Ao mesmo tempo, considerouse que a billarda tiña un potencial enorme para convertirse nun deporte atractivo para homes e mulleres de calquera idade. Entón creouse un sistema de competición que permitía xogar a un numero indeterminado de competidores nun terreo de xogo delimitado e cun material dunhas dimensións concretas. Este regulamento e sistema de competición foi evolucionando ata dar no sistema actual. 
 
Feitos salientables para o nacemento da LNB
O primeiro foi a creación de ovaral.blogspot.com, o 17 decembro 2004. Este foi o paso definitivo para todo o que aconteceu despois, xa que a partir de aquí o resto do planeta terra coñeceu a existencia dun grupo de persoas da Mariña que estaban organizando TAB, e posteriormente cando empezou a disputarse a LNB, este blog foi a referencia do desenvolvemento dela. Ao mesmo tempo, empezou a xestarse a idea dunha liga, que posteriormente nacería co nome que actualmente ten de LNB. O segundo fito foi a constitución de O Varal como asociación cultural e deportiva a principios do 2005. Isto foi fundamental para o nacemento da LNB. 
 
Feitos salientables para a consolidación da LNB
Unha das sementes que axudaron ao espallamento da LNB encontrámola no 12 de xuño de 2005, cando aínda a LNB era unicamente unha intención. Foi a celebración dun TAB fóra dos límites das Mariñas por primeira vez. Chamouse naquel momento Torneo O Varal, que posteriormente adquiriu o seu nome actual O Xerro do Salnés. Foi en Xil (Meaño) e pasados uns anos esta semente convertiríase na Conferencia SUR (finais de 2008). Outro feito salientable foi a cebración do primeiro All Stars o 26 de marzo de 2006 en A Coruña. Este acontecemento dou pé a que nacese a segunda das conferencias, a Conferencia NOROESTE (finais de 2007). Tamén é destacable a disputa da I Copa Cantábrica o 24 de setembro de 2006, pois este TAB síguese celebrando a día de hoxe (2013) e contribúe á difusión da LNB no país asturiano. Sen dúbida, foi un elemento clave para a consolidación da LNB o premio que recibiu a ACD O VARAL da Xunta de Galicia, como mellor iniciativa do deporte tradicional 2006-2007.
A partir destes feitos relevantes a LNB espallouse por todo o territorio seguindo un modelo de conferencias. Así, a conferencia nai é a CONFERENCIA NORLESTE (2005), despois naceu a CONFERENCIA NOROESTE (2007), CONFERENCIA SUR (2008), CONFERENCIA CENTRO (2009), CONFERENCIA BEZOUQUEIRA (2010), CONFERENCIA RÍAS BAIXAS (2011). Na actualidade existe 5 conferencias que delimitan un territorio xeográfico onde desenvolven a súa competición anual. 
 
CONFERENCIA NORLESTE AS MARIÑAS ORIENTAL-CENTRAL-OCC - MEIRA- TERRA CHÁ - LUGO
CONFERENCIA NOROESTE A CORUÑA - ORDES
CONFERENCIA SUR VIGO - O MORRAZO - O CONDADO
CONFERENCIA CENTRO SANTIAGO -ORDES
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS O SALNÉS - PONTEVEDRA - O MORRAZO
A LNB dispútase desde setembro ata maio. Cada conferencia ten unha competición propia cun número de xornadas que se establece antes do comezo. Así, ao final da liga hai uns campións e campioas de conferencia. Na competición existen as categorías absoluta, feminina, infantil, equipos e varados. O último domingo de maio celébrase o PLAY-OFF NACIONAL en Compostela. A este acuden os mellores e as mellores clasificados de cada conferencia en cada unha das categorías para decidir os campions e campioas da LNB. 
Hai unha evidente evolución da participación na LNB:
2005-2006        29 participantes
2006-2007        35 participantes
2007-2008        87 participantes
2008-2009      262 participantes
2009-2010      444 participantes
2010-2011      383 participantes
2011-2012      367 participantes
2012-2013      482 participantes
Cada conferencia ten un blog ao cal sube información sobre os resultados e os calendarios, así como fotos e vídeos da súa competición. A organización da competición en cada conferencia corre a cargo dos representantes dos equipos que participan na mesma. A un tempo as conferencias están en contacto unhas con outras para organizar os TAB fóra da Liga regular, entre os que destacan o XERRO DO SALNÉS, o ALL STARS, A COPA CANTÁBRICA, e tamén para organizar o PLAY-OFF NACIONAL.
En definitiva, grazas a todos e todas as que durante estes 10 anos contribuíron a que a billarda sexa máis coñecida e practica que fai un decenio.
 
 
 

ESTATÍSTICAS

Levamos 5 xornadas de liga e estes son os datos de participación comparados cos do ano pasado (en 16 xornadas)

                        
2012-2013
204
homes141-63mulleres




2013-2014
148
homes109-39mulleres

                       





6ª xornada CASTRELO (CAMBADOS) 16 NOVEMBRO

5ª xornada





Finalmente, a xornada 5ª xogarase no Pavillón de Vilalonga, así o aconsellan os pronósticos meteorolóxicos.


Entón, o sistema de competición terá en conta a casuística seguinte: 

Só haberá 2 pistas

-ata 63 participantes (tod@s 6 carreiras, distribuídas 3 na primeira fase e 3 na segunda fase). Final a 2.

-Con 64 ou mais participantes (tod@s 5 carreiras, distribuídas 3 na primeira fase e 2 na segunda fase). Final a 6.



3ª xornada 5 OUTUBRO Dorrón-Sanxenxo

PARTICIPACIÓN
71

49 HOMES
22 MULLERES


INFANTIL
9
3 PÍCARAS
6 PÍCAROS


FANTÁSTICO VÍDEO DA XORNADA 3ª




ABS.
1º-L CAMIÑA (GHARABOTO)
2º-GINÉS (LÚA DE FORZA)
3º-ÁLVARO (ZUME DE VIMBIA)

FEM.
1ª-GENI (BILLARDEIROS MUSICAIS)
2ª-CHEFA (CORREDOIRAS)
3ª-LU (CORREDOIRAS)

INF.
1º-BRAIS (CORREDOIRAS)
2º-JUANMA (LÚA DE FORZA)
3ª-YUDANI (CORREDOIRAS)



   Despois da 3ª xornada a clasificación absoluta está encabezada por LUÍS AGRASO (LÚA), LUÍS (GHA) a 3 ptos e DANIEL (RIN) a 5 ptos. Salientar que tanto L. AGRASO como DANIEL son palanadores que non contaban nos pronósticos iniciais, tendo en conta o historial LNB. Estes dous xogadores xunto con LUÍS RINO (RIN) e ÁLVARO (ZUM)  que están dentro das 12 prazas de PLAY-OFF, son os únicos que non se clasificaron o ano anterior, uns por non conseguilo e outros porque non xogaban. Ou sexa, hai renovación de talentos. O resto das prazas está ocupado por palanadores que podemos calificar de favoritos para levarse o título de Conferencia.
 
   Por equipos LÚA DE FORZA colócase ao fronte da clasificación con só un pto. de vantaxe sobre GHARABOTO. Evidentemente, as novas incorporación de GINÉS, ANDRÉS, ÁLBINO, L. AGRASO e ADRIAN AGRASO potenciaron moito a LÚA e fixérono máis competitivo que o ano pasado no cal non estiveron nunca cerca das dúas primeiras prazas. Aínda así, os favoritos seguen sendo CORREDOIRAS (actuáis campións de CONFERENCIA) e GHARABOTO. Sen esquecer que dous novatos como RINOCERONTE e ZUME DE VIMBIA empezan a puntuar entre os 24 primeiros.
 
   Na categoría feminina CHEFA (COR) sitúase en primeiro lugar, por diante de BELMIRA (VAL), a 9 ptos. O interesante é que a de Bueu distánciase de 3 das grandes favoritas ao título. Así, LU (COR) está a 24 ptos, ELENA (GHA) e BEGOÑA (COR) están a 26. As prazas para o PLAY-OFF están abertas a moitas palanadoras, xa que o 5º posto con dereito a clasificación está compartido por LAURA (ZUM) e MÓNICA (ZUM)  con 14 ptos, e por detrás delas veñen VANE REXENXO a 1 pto, NOELIA (ZUM) e VANESSA FARIÑA (GHA) a 2 ptos. Despois están a 4 ptos LAURA RINO, e a 5 ptos FLORA (LÚA), OLALLA (RIN) e ANA MADRID (CAS).
 
   Entre os infantís BRAIS (COR), o actual campión, achegouse ao primeiro posto... para non deixalo máis? Será así se llo permiten YUDANI (COR), ADRIÁN (LÚA), JUANMA (LÚA )e MARTIÑO (COR), que son os rivais máis serios que ten.

  En definitiva, estamos na 3ª das 16 xornadas e estas tendencias haberá que confirmalas nestas próximas datas da primeira volta, nas que o frío e a humidade, e por suposto a choiva, farán que teñamos que utilizar pavillóns. Como afectará o cambio de superficie ás deportistas e aos deportistas? Verémolo e contarémolo.