billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

PLAY-OFF 2013 LNB




Aquí están as nosas representantes no PLAY-OFF 2013 da LNB na categoría FEMININA. Mónica quedouse na 1ª fase de GRUPOS, Belmira e Noelia chegaron a OITAVOS de final e Lu e Elena chegaron a CUARTOS de final. Fenomenal! 
Tamén participaron na categoría ABSOLUTA Elena, que se quedou na 1ª fase de GRUPOS, e Lu que chegou a CUARTOS de final. 

En resume, temos a Mónica dentro das 25 mellores xogadoras de Galicia do 2013, a Belmira e Noelia entre as 16 mellores e a Elena e Lu entre as 8 mellores. 



CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO GALEGO BILLARDA 2013

CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
INDIVIDUAL ABSOLUTA

XAN
BALEA
FARIÑA
OUTEIRO
ALBINO
CHICHO
GELÍN
RICAR
LU
ELENA
JM CAMIÑA
M. FARIÑA

FEMININA

LU
ELENA
BELMIRA
NOELIA
PATRICIA

VARADOS

XAN
CHICHO
BALEA
LITO
LUIS GON

EQUIPOS

GHARABOTO
LÚA DE FORZA



XORNADA 16

XORNADA 16

PARTICIPACIÓN
66

MULLERES
23

HOMES
43

INFANTIL
14


INDIVIDUAL ABSOLUTA

1º-LUIS (GHA)
2º-ALBINO (AND)
3º-XAVI (ESM) 

FEMININA

1ª-BEGOÑA (COR)
2ª-NOELIA (AND)
3ª-CHEFA (COR)

INFANTIL  

1º-XAVI (ESM)
2º-MARTIÑO (COR)
3ª-YUDANI (COR)    


Durante esta semana subiremos os vídeos da GALA DA BILLARDA 2013, para aquelas persoas que non estiveron presentes e tamén para aquelas que estando presentes xa non se lembran moi ben do que viron.

Ao mesmo tempo, tamén publicaremos o listado das nosas representantes e dos nosos representantes no CAMPIONATO GALEGO DE BILLARDA 2013 (domingo 26 maio, 11 h. MARROZOS-SANTIAGO DE COMPOSTELA).


ULTIMA XORNADA



Se chove, como así afirma METEOGALICIA, xogarase nun pavillón, aínda por confirmar. Mañá publicaremos o nome do pavillón.



Se houbese algún empate despois da última xornada resolveríase mirando quen tivo a clasificación máis alta (maior puntuación) en algunha xornada. Se se mantén o empate mírase a segunda mellor clasificación, e así sucesivamente ata desfacer o empate. Isto aplicarase en todas as categorías excepto en Varados. Nesta categoría representarannos os 5 con máis varados. Se houbese que desempatar para elexir o quinto posto farase a un golpe entre os empatados, pola orde que aparecen na clasificación.













FOTOS DA XORNADA DE PONTEVEDRA



BELÉN (RINOCERONTE)

AKI (RINOCERONTE


LUÍS (RINOCERONTE)

CRIS (RINOCERONTE)

Un novo equipo LNB, RINOCERONTE. O Primeiro equipo que nace na cidade de Pontevedra.
De momento contan con catro integrantes. Fantástico que a cidade do Lérez xa teña un representante na LNB.



Ademais, xa temos ao Campión na categoría Infantil 2012-2013. Quedan dúas xornadas aínda, pero ninguén poderá alcanzar os puntos que ten BRAIS (COR), polo tanto, PARABÉNS!



Nas outras categorías ninguén ten asegurado o título. Por equipos a loita está moi interesante, pois CORREDOIRAS levan 4 xornadas recuperando puntos con relación a GHARABOTO.



XORNADA 14 PONTEVEDRA

Disputouse a 14 xornada da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS o sábado 27 abril no campo deportivo de terra do IES A XUNQUEIRA I (PONTEVEDRA). Mañá publicaremos as fotos e a crónica. De momento, podedes consultar todas as cifras nas clasificacións correspondentes.



PARTICIPACIÓN
68



MULLERES
21

HOMES
47

INFANTIL
15


Salientar a alta participación na categoría INFANTIL. Esta resultou ser a xornada con maior participación de nenos e nenas que teñen 14 anos ou menos. FABULOSO!

Houbo unha ganadora ABSOLUTA que foi GENI (ROTEIROS). Por segunda vez na temporada a billarda que conseguiu atravesar a liña do varal na última carreira que decidía os 3 primeiros postos foi golpeada por un brazo feminino. Entendedes ben, pois as outras 2 billardas, as de Daniel e Xan non conseguiron atravesar a liña en 4 golpes.


CATEGORÍA ABSOLUTA
1ª-GENI (ROT)
2º-DANIEL (ROT)
3º-XAN (LÚA)

CATEGORÍA FEMININA
1ª-GENI (ROT)
2ª-BEGOÑA (COR)
3ª-BELMIRA (VAL)

CATEGORÍA INFANTIL
1º-BRAIS (COR)
2ª-YUDANI (COR)
3º-JUANMA (LÚA)