billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ALIÑACIÓN DOS EQUIPOS PARA A 6ª XORNADA

Xa temos a confirmación da aliñación que presentará ANDARELA para a próxima xornada. Salvo lesión durante algunha das sesións de adestramento o adestrador do equipo (O BULGARO) confirmou que sairán co número 1 ANGEL, co 2 MÓNICA, co 3 ALBINO VEIGA, co 4 FERNANDO e co 5 NOELIA.


nº 1 ÁNGEL


Nº 2 MÓNICA

Nº 3 ALBINO (ganador da 4ª xornada)

nº 4 FERNANDO


Nº 5 NOELIA





 
 
 
Durante estes días intentaremos confirmar outras aliñación. Está claro que os equipos queren agachar as súas intencións de cara a unha xornada que se xogará en pavillón, ou sexa, nunha superficie máis rápida que os habituais terreos exteriores. Que equipo se adaptará mellor ao "indoor". Verémolo o sábado.
Para axilizar o proceso de inscrición e sorteo, na próxima xornada 24 novembro, os equipos enviarán a lista dos seus integrantes  a este enderezo ecobateas@gmail.com ata o venres ás 14 horas. Despois desta hora e antes das 15:30 do sábado 24 novembro, deberán enviar unha mensaxe ou facer unha chamada a este número de teléfono 659 553 543. Grazas pola vosa colaboración. Haber se deste xeito conseguimos empezar puntuais.

6ª XORNADA

O día 24 novembro ás 16 horas disputaremos a 6ª xornada. Xogaremos no Pavillón de A FLORIDA (Sanxenxo). Xa temos comprobado que hai iluminación, tamén que hai conmutadores de acendido e apagado, e que a persoa encargada do pavillón ten acceso a eles. Comprobamos, por outra beira, que se está ao corrente de pago das facturas. Entón, todo parece indicar que poderemos utilizar iluminación eléctrica. Agora, xa só queda facelo, unha vez que esteamos alí.


Entre outras ensinanzas que nos deixou a 5ª xornada está a de que o ser humano ten a capacidade de facer as cousas de xeito diferente a como as fixo a última vez, se esta última vez foi dun xeito inadecuado.






Segue a progresión de participantes na CONRIA. Algo polo que debemos alegrarnos. Salientar a participación de CASILLEDÍN (Barrantes-Ribadumia), que nesta última xornada presentou unha aliñación con 22 integrantes. Unha cifra que non está ao alcance de ningún equipo da LNB, a día de hoxe. E tamén, queremos facer mención ao equipo de billarda TOXO VERDE (Cadiz), que aparece na imaxe de abaixo, que nos visitou para competir e compartir a súa graza galego-andaluza.

 
TOXO VERDE (CADIZ)


En definitiva, grazas. Grazas, porque con persoas coma vós podemos reunirnos as tardes dos sábados, e disfrutar con outro xeito de facer deporte.


5ª XORNADA

Dicir que a 5ª xornada foi un éxito de participación, 74 persoas. O maior número de participantes nunha xornada na curta historia da nosa conferencia.




Tamén, pedir disculpas a todas e a todos por non ter luz eléctrica no pavillón. Por un erro de organización non tiñamos chave do cuarto de conmutadores, polo tanto, non poidemos acceder ao acendido da iluminación. Isto provocou que o grupo que disputaban os postos do 1 ao 24 non poidese rematar (na próxima xornada, 6ª, decidiremos como e cando se rematan eses postos). Todos os demais grupos remataron as súas carreiras.

PARTICIPACIÓN
74
MULLERES
23
HOMES
51

Visualizar o mapa ampliado
Utilizaremos o pavillón do COLEXIO ABRENTE (aparece sinalizado no mapa adxunto)


POR FAVOR, PUNTUALIDADE. Se a hora de comezo é as 16h., pois estaría ben chegar antes desa hora, xa que hai que facer a inscrición e o sorteo, o cal leva 15 minutos.
A boa entendedora, e a bo entendedor...
Sería adecuado e incluso magnífico, chegar como moi tarde ás 15:45 ao campo de xogo.
Veremos!

5ª XORNADA

O próximo sábado 10 novembro, ás 16 horas disputarase a 5ª xornada da CONFERENCIA RÍAS BAIXAS. Será na Adina, na pista ao lado da CASA DA CULTURA. 







No caso de que chova, utilizaremos un pavillón (avisaremos ao final da semana que pavillón será).


 

4ª XORNADA

PARTICIPACIÓN
 
51
 
 
 
MULLERES 19
 
HOMES 32






Xa xogaron na CONFERENCIA RÍAS BAIXAS 112 persoas, das cales 81 homes e 31 mulleres. Son uns datos fabulosos. Levamos 4 xornadas e de momento a asistencia media é de 56 persoas.
 
 
Tamén, estamos conseguindo que os nenos e as nenas se acerquen a xogar cada vez máis. Así, xa xogaron con nós 15 crianzas, delas 10 nenos e 5 nenas. FANTÁSTICO.

 
 

BRAIS (Corredoiras) 


IVÁN CASAL e JUANMA (Salnés)


 YUDANI (Corredoiras)




UXÍA (Casilledín)




Por outra beira, en poucos deportes podemos ver competir a persoas de xeracións diferentes como sucede na billarda.


MANUEL FARIÑA (Casilledín)
 
 
BRIÓN (Corredoiras) e JUANMA (Salnés)






Ademais, dos xa comprometidos coa difusión deste deporte, debemos alegrarnos de que outras persoas entren en contacto coa billarda. Algunhas destas fotos dan testemuña de que detrás dos números están persoas, e sobre todo un sentimento de confraternidade e alegría de estar vivos e de facelo nesta terra maravillosa.





Fernando Serantes (Casilledín)
 
 
 
 Felipe (Andarela)



Pacucha (Corredoiras)



Os resultados están actualizados

1º-ALBINO
2º-FARIÑA
3º-LUÍS CAMIÑA
4º-CRISTIAN
5º-XAN
6º-OUTEIRO
7º-BALEA
8º-MANOLO ABUÍN
9º-MANUEL FARIÑA
10º-LUÍS GONZALEZ
11º-CHICHO
12º-BRIÓN




 LUÍS CAMIÑA-ALBINO-FARIÑA


 ELENA-CHEFA-LU


IVÁN CASAL-JUANMA-YUDANI
 




CASELLEDÍN 2012-2013
(Barrantes)


Pablo-M. Abuín-Nela-Maite-Triki-Vanesa-Tere
Andrea-Carmelo-Serantes-Uxía-Casilda-M. Fariña
 
 
(faltan Montero e Ruso, que chegaron despois de sacar a foto) ou sexa presentaron na súa aliñación 14 xogadores/as.

3ª XORNADA DE LIGA

PARTICIPACIÓN 52


16 MULLERES
36 HOMES




1º-LUÍS CAMIÑA
2º-MANOLO OUTEIRO
3º-LUÍS GONZÁLEZ
4º-XAN RODIÑO
5º-BENITO
6º-IVÁN PUENTE
7º-CAROLO
8º-ELENA
9º-ALBINO VEIGA