E QUE DE NÓS NON QUEDE MÁIS QUE A ALEGRÍA DE QUEN PEDIU XOGAR E FOILLELO CONCEDIDO
ANO 8
▼
CATEGORÍA ABSOLUTA
Fari alzouse coa xornada. No desempate ganoulle a Che que conseguiu o maior número de ptos de todos os competidores. Na terceira posición estivo a sorpresa , pois Charri, quen nas últimas tres xornadas fixera 22 ptos, conseguiu 21 ptos e subiu ao podio.
CATEGORÍA FEMININA
Bego volveu a repetir a primeira posición da xornada anterior e afiánzase na primeira praza da xeral. Chefa ocupou a segunda praza e Elena a terceira
CATEGORÍA INFANTIL
Subiron ao podio da categoría infantil os dous primeiros clasificados da xeral, Juanma e Adriana, e tamén o fixo, Oscar de Armadiña, que das catro xornadas na que participou esta é a segunda na que o fai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario